Dreta de Catalunya (en galego: Dereita de Cataluña) foi unha organización política de Cataluña, de ideoloxía conservadora, constituída en Barcelona o 6 de abril de 1933.Molas, Isidre (2000) Diccionari dels partits polítics a Catalunya, segre XX, Barcelona: Enciclopedia Catalana, p. 60
Reuniu membros dos antigos partidos monárquicos como o avogado Santiago Torent e os industriais Joan Campmajó e Damián Mateu Bisa, algúns dos cales militaran na Lliga Regionalista, que nas eleccións ó Parlamento de Cataluña de 1932 se presentara xunto con Comunió Tradicionalista e Renovación Española, pero que só obtiveran 15.500 votos (3,32 %) e ningún deputado.
Presentouse ás eleccións xerais de España de 1936, celebradas o 16 de febreiro de 1936, dentro da Front Català d'Ordre, pero a Lliga Catalana acaparou toda a representación da coalición, polo que non obtivo representación nas Cortes.
Notas
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Cataluña