Amador Barcia Fernández, coñecido como Xicos, nado en Regoela (Cabanas)Máiz, Bernardo; op.cit. páx.167 en 1917 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 2007, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no grupo que intentou cortar o paso do exército sublevado que desde Ferrol se dirixía cara a Pontedeume. Detido o 4 de setembro de 1936 con varios compañeiros, conseguiu saltar do camión que os conducía ao cemiterio de Sillobre (Fene), onde ían ser fusilados. Formou con familiares e veciños da súa parroquia un dos primeiros grupos guerrilleiros antifranquistas, actuando na zona de Pontedeume ata 1946. O seu grupo axustizou un confidente e dous falanxistas en Cabanas en 1937. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar, dende O Vicedo, rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Volveu a Galicia en 1972 por pouco tempo e retornou definitivamente en 1982. Finou na Coruña o 23 de febreiro de 2007.La Voz de Galicia, 24-2-2007, p. 47.
Vida persoal
Casou con María Vilar Pereira e foi pai de Libertad Barcia Vilar. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas A evasión guerrilleira no “Santa Teresa”
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2007
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes