Santalla de Tuiriz (até 2026, Santalla de Toiriz) é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 73 habitantes (38 homes e 35 mulleres), dous menos ca en 2006.
Xeografía Limita ao norte coas parroquias de Tribás e Tuiriz, ao sur con San Vicente de Castillón, ao oeste con Mato, e ao leste con San Xillao de Tor e Moreda (Monforte de Lemos).
Onomástica En 2016 o Concello de Pantón solicitoulle á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia a modificación do topónimo por Tuiriz, cambio que tivo lugar en 2026. O seu xentilicio é «toirizao/toirizá».
Lugares e parroquias Lugares de Santalla de Tuiriz
Parroquias de Pantón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pantón
Categoría:Parroquias de Pantón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla