Lisabö é un grupo vasco de rock formado en 1998 en Irún. A súa música recolle elementos de diferentes estilos, como poden ser o hardcore punk, o noise ou o post-rock, mais sempre desde unha perspectiva experimental e moi persoal que se traduce mesmo na súa formación que inclúe dúas baterías e que tamén incluíu, nalgún momento, outros instrumentos pouco habituais no rock como pode ser o violoncello. Algúns dos grupos cos que acostuman ser comparados son os norteamericanos Fugazi e Low, os vascos Lif e Dut ou os cataláns Standstill. Ao longo destes anos publicaron varios álbums e EPs que foron acollidos con éxito por parte de crítica e público.
Historia Lisabö naceu en 1998 cando Ibán (batería), Imanol (guitarra e voz), Karlos (baixo e voz) e Javi (guitarra e voz) comezaron a xuntarse para tocar sen ningunha pretensión de chegar a gravar. Todos tiñan algunha experiencia en grupos: Ibán tocaba en Donut, Karlos entrou en Kashbad ese mesmo ano e tocaba en Zorrotz con Imanol.
A súa amizade co batería de Dut, Galder Izaguirre, permitiulles dar os seus primeiros concertos grazas á mediación deste, e a comezos de 1999 gravaron unha demo con seis cancións completamente autoproducida e autoeditada baixo o título Berak Ekoztua. Tamén foron eles mesmos os que se encargaron de vendela e distribuila."Entrevista a Lisabö: sin darte cuenta" La Factoría del Ritmo nº 13 Xusto despois deste feito Imanol deixa a banda.
O grupo continuou a dar concertos e a súa sona dentro da escena local comeza a ser cada vez maior, o que deu lugar a dous feitos importantes. En primeiro lugar, o selo Esan Ozenki púxose en contacto con eles e chegaron ao acordo de gravar un LP. En segundo lugar, foron escollidos para ser abreconcertos da banda norteamericana Fugazi no concerto que deron o 10 de outubro en Vergara.
A comezos de 2000, xa cunha nova integrante, Aida á segunda batería, o grupo decide centrarse na gravación do seu primeiro álbum, Ezarian. A gravación comezou no mes de agosto e o grupo encargouse de todo o proceso: produción, gravación, mesturas e deseño da capa do disco. O resultado final foi un disco excepcional que foi aclamado pola prensa especializada do estado (Rockdelux, Ruta 66 e MondosonoroLuna, Joan S. Reseña de Ezarian . Mondosonoro. 26 de xaneiro de 2001).). O son supuña unha evolución con respecto á maqueta, cun ambiente claustrofóbico en moitos intres e moito máis denso e duro.
Xa no verán de 2001 prepararon un espectáculo xunto con Martxel Mariscal (escritor vasco e membro dos extintos Beti Mugan) no Kursaal (pazo de congresos de Donostia), de onde saíron as tres cancións que compoñen o EP Egun bat nonahi, publicado por Acuarela en 2002. Este traballo foi escollido pola revista Rockdelux como mellor sixelo estatal de 2002.
A partir de aí o grupo permanece durante bastante tempo á sombra. Só a finais de 2004 se puido saber que Javi abandonaba a banda para formar Amodio co músico belga Aurélien Rotoreau, o que forzou a unha reestruturación pola que Lisabö quedaría da seguinte maneira: entran Ionyu ao baixo e Eneko á batería, pasando Karlos e Iban á guitarra, permanecendo Aida á batería. O seu segundo disco Izkiriaturik Aurkitu Ditudan Gurak (2005) foi gravado nos estudos Bomberenea, en Tolosa, exercendo Karlos como técnico de son e produtor. A banda volveuse ocupar de todo o proceso de elaboración do disco, que foi editado por Metak. Este disco destacou polas numerosas colaboracións coas que contou a banda: xente de Experience, Anari, Xabier Erkizia, Akauzazte, Carlos Desastre (dos extintos 713avo Amor) ou Manta Ray. A pesar do irregular do disco, en parte atribuíbel ao variado das colaboracións, o disco volveu a recibir o aplauso da crítica: Todas las novedadesReseña de Izkiriaturik Aurkitu Ditudan Gurak . Todas las Novedades. xullo de 2005, que o colocou entre os destacados do ano"Los Mejores discos de Hardcore-Punk de 2005" . Todas las Novedades. decembro de 2005, Rockdelux ou Ruta 66Gegúndez, Fernando. Reseña de Izkiriaturik Aurkitu Ditudan Gurak. Ruta 66, nº 219, setembro de 2005 entre outros.
O seu último disco até a data foi Ezlekuak editado por Bidehuts en 2007.
Membros Karlos Osinaga: guitarra, voz. Iban: guitarra. Eneko Aranzasti: batería. Aida: batería. Ionyu: baixo.
Membros anteriores Imanol (1998-1999): guitarra e voz. Javi Manterola (1998-2004): guitarra e voz.
Discografía Álbums Berak Ekoztua (Autoeditado, 1999). Demo autoproducida polo grupo. Ezarian (Esan Ozenki, 2000). Izkiriaturik Aurkitu Ditudan Gurak (Metak, 2005). Ezlekuak (Bidehuts, 2007).
EP Egun bat nonahi (Acuarela, 2002).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en La Factoría del Ritmo Páxina web do selo Bidehuts Lisabö Biografía e críticas de discos en Lafonoteca Fotolog do grupo Facebook do grupo
Categoría:Grupos musicais de rock