Fernán Vello foi un trobador portugués, que estivo activo na segunda metade do século XIII. Era fillo bastardo de Gonçalo Pires Velho, da mediana nobreza de Entre Douro e Minho. É posíbel que estivese na corte de Afonso X, onde participaría no ciclo satírico contra María Balteira. Foi autor de 11 textos: 9 cantigas de amor, 1 cantiga de amigo e 1 cantiga de escarnio.
Maria Pérez se maenfestou noutro dia, ca por [mui] pecador se sentiu, e log' a Nostro Senhor pormeteu, polo mal en que andou, que tevess'un clérig'a seu poder, polos pecados que lhi faz fazer o Demo, con que x'ela sempr'andou.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos María Balteira
Categoría:Trobadores en galego-portugués