miniatura |page=522 |Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1142. Johan Servando foi un xograr galego da lírica galego-portuguesa, activo no terceiro cuartel do século XIII. É o autor do que máis cantigas de romaría consérvanse.
Traxectoria Nas súas composicións canta á ermida de San Servando, polo que se pensa que podería ser de Muíños (onde hai unha capela con esa advocación no lugar de Pazos, na parroquia de Barxés)Oliveira, António Resende de: (1994), Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV, Lisboa, Edições Colibri, p. 369 .. Nas súas composicións satíricas dá a entender que frecuentou a corte de Castela.
Obra É autor de 22 textos: 17 cantigas de amigo (case todas elas cantigas de romaría, adicadas á ermida de San Servando), 2 cantigas de amor, 3 cantigas de escarnio, dúas delas contra a avaricia dun infanzón e outra contra a inexperiencia dun cabaleiro novato.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia