Santiago de Piúgos é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo , na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 344 habitantes, deles 164 eran homes e 180 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
A nivel eclesiástico, a parroquia pertence ao arciprestado dos Coutos de Lugo.
Toponimia Piúgos é un topónimo único en Galicia. A presenza na documentación medieval dunha uilla Pelucus en 964, fai pensar nunha orixe baseada na forma PILŪCUS, posiblemente un alcume derivado do termo latino PILUS (pelo ou cabelo), ao que se agrega o sufixo pexorativo -ŪCUS. Pilus foi, así mesmo, un antropónimo prelatino rexistrado por Holder na antiga LusitaniaToponimia do concello de Lugo, tese de doutoramento na USC en 2014. Por VÁZQUEZ GARCÍA, Carlos (dirixida por BOULLÓN AGRELO, Ana Isabel). páx. 173.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Piúgos
Parroquias de Lugo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lugo
Categoría:Parroquias de Lugo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía