Leopoldo Alas Mínguez, coñecido como Leopoldo Alas, nado en Arnedo (A Rioxa) en 1962 e finado en Madrid, o 1 de agosto de 2008, foi un escritor e xornalista español.
Traxectoria Licenciado en filoloxía italiana, deuse a coñecer como poeta en 1981, nunha antoloxía coordinada polo tamén escritor Vicente Molina Foix. Posteriormente desenvolveu unha traxectoria en diversos xéneros (poesía, teatro, narrativa, ensaio) e a carreira xornalística. Desde 1986 colaborou como articulista en diferentes revistas e xornais, en particular o xornal español El Mundo. Entre 1987 e 1992 dirixiu a revista de poesía Signos. En 2005 comezou a dirixir un programa en Radio Nacional de España de carácter semanal, de temática LGBT.
Era bisneto dun irmán do escritor Leopoldo Alas, Clarín, co que coincidía no nome. Faleceu a consecuencia dunha pneumonía.
Obra Narrativa África entera tocando el tam tam (1981) (narrativa breve) Descuentos (1986) (narrativa breve) Bochorno (1991) El extraño caso de Gaspar Ganijosa (2001) A través de un espejo oscuro (2005)
Poesía Los palcos (1988) La condición y el tiempo (1992) La posesión del miedo (1996) El triunfo del vacío (2004) Concierto del desorden (2007)
Ensaio La orgía de los cultos (1998) De la acera de enfrente (1994) Hablar desde el trapecio (1995) Los amores periféricos (1997). Ojo de loca no se equivoca (2002)
Teatro Última toma (1985) La pasión de madame Artú (1992) Sin demonio no hay fortuna (1987). Libreto de ópera. Estamos en el aire (1991). Libreto de ópera. Emitida por RNE.
Categoría:Escritores da Rioxa Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Personalidades da cultura LGTB Categoría:Xornalistas da Rioxa Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Arnedo