Vakhí ou Wakhí é unha lingua iraniana no subgrupo das linguas iranianas meridionais orientais (véxase linguas do Pamir).

Clasificación e distribución Vakhí é unha das moitas linguas que pertencen ao grupo de linguas do Pamir. Unha puntualización disto é o feito de que os vakhís son chamados ás veces coma pamíres ou Taxicos das Montañas. A orixe desta lingua é Wakhán ou Vakhán, unha área dividida entre o extremo nororiental de Afganistán e a Provincia Autónoma de Badaghxón Montañoso no Tadjiikistán. Estímase unha poboación total duns 50.000 habitantes deste pobo. Os vakhís viven en catro países distintos. No Paquistan no Chitral, principalmente en Goxal, Ixcomán, Darcut, e Brogol. No Tadjiikistán en Badaghxón Montañoso, principalmente Murgob e Ixcaxím. No Afganistán en Vakhán, e na China.

En Tadjiikistán Existe unha controversia ao redor de denominación étnica e lingüística do Vakhí. No Tadjiikistán tanto aos vakhís coma outras comunidades que falan unha das linguas do Pamir refírense a eles coma Pamirí ou Badakhxaní e existiu un movemento para separa a súa identidade dos da maioría taxica. Contrariamente, en Paquistán aos vakhís chámanselles taxicos. Se ben o vakhí é unha lingua distinta do taxico ou de calquera dialecto deste, isto crea igualmente unha polémica. En todo o mundo os lingüistas refírense o vakhí coma unha lingua irania independente do taxico, pertencentes a distintas ramas lingüísticas, o vakhí á rama irania oriental e o taxico á rama iranias occidentais, e ademais o taxico descende directamente do persa medio coma o persamoderno e o darí; pero moitos taxicos nacionalistas insisten en que tanto o vakhí coma as outras linguas do Pamir son realmente dialectos do taxico.

En Paquistán En Paquistán, a organización cultural do Vakhí é a Wakhi Tajik Cultural Association(WTCA), unha organización que está rexistrada baixo o Goberno de Paquistán e que traballa en colaboración co Ministerio de Cultura e Turismo e Lok Virsa Pakistan. A Asociación traballe para preservar a lingua vakhí e a súa cultura, así como documentarse na súa poesía e música. A porcentaxe de alfabetización entre os taxicos vakhís nas áreas de norte de Paquistán é de cerca do 60%.

Radio Paquistán en Guilguit emite o programa de radio en vakhí "Sadoyah Boomy Dunyo", a voz do teito do mundo. A Asociación Cultural Taxica Vakhí (The Wakhi Tajik Cultural Association) emitiu máis de vinte programas dende 1984, os que inclúen espectáculos culturais, noites musicais e festivais musicais de gran formato, coa colaboración da Lok Virsa Pakistan, a Aga Khan Cultural Service Pakistan (AKCSP), e a Televisión de Paquistán. No ano 2000, a WTCA gañou o premio "Best Programme" (Mellor Programa) coma organizador do Festival da Ruta da Seda. Foi creada unha codificación computerizada da escritura vakhí o que axudará a promover o desenvolvemento de programas e documentación da poesía, literatura e historia vakhí.

Na China Véxase Taxicos na China

Ortografía Amosamos abaixo un exemplo do novo alfabeto wakhí, un texto da tradución da Biblia publicada no 2001. Title page: , passages in Roman alphabet , passages in Cyrillic alphabet

+ Noso Pai (Lucas 11:2-4) Vakhí en alfabeto latino Vakhí en alfabeto cirílico English (KJV)2 2 2 And he said unto them, When ye pray, say, "Our Father which art in heaven, Hallowed be thy name. Thy kingdom come. Thy will be done, as in heaven, so in earth.3 3 3 Give us day by day our daily bread.4 4 4 And forgive us our sins; for we also forgive every one that is indebted to us. And lead us not into temptation; but deliver us from evil."

Vocabulario

O léxico vakhí amosa diferenzas significativas con ámbalas linguas iranianas occidentais como son o persa e o taxico, e tamén coas outras linguas do Pamir. Abaixo amosamos unha comparativa feita por Gawarson dos dialectos do saricolí e vakhí falados na China e as linguas iranianas occidentais.

+ Comparación lexical de seis linguas iranianas Galego Persa Taxico Paxto Xugní Saricolí Vakhí fillo pisær (پسر) pisar (писар) zuj puts putr fogo (اتش) (оташ) or juts auga æb (اب) ob (ов) obə xats xats jupk man d̪æst̪ (دست) dast (даѕт) pé pɔ (پا) po (по) dente d̪ænd̪ɔn (دندان) dandon (дандон) ollo (چشم) (чашм) stərgə tsem tsem cabalo æsb (اسب) asp (асп) nube æbr (ابر) abr (абр) uriəz, uriədz abri varm mur trigo gænd̪um (گندم) gandum (гандум) carne (گوشت) (гушт) moito bisjɔr (بسيار) bisjor (бисйор) alto bulænd̪ (بلند) baland (баланд) biland lonxe (دور) dur (дур) liri bo (خوب) (хуб) pequeno (خرد) (хурд) dzul dicir guft̪ (گفت) guft (гуфт) wəjəl levd facer kærd̪ (كرد) kard (кард) kəwəl ver d̪id̪ (ديد) did (дид) lidəl, kətəl wing

Fonoloxía Vogais Anterior Central Posterior Pechada i ɨ u Media e ə o Aberta a

Consoantes Bilabiais Dentais Alveolares Dorsais Glotais Centrais Laterais Palatais Velares Uvulares Oclusivas simples p b t d k g q retroflexas ṭ ḍ Africadas simples c t͡s dz č t͡ʃ j retroflexas ċ t͡ʂ ć - dź - Fricativas xordas f θ s š ʃ x χ h sonoras v ð z ž ʒ ɣ ʁ retroflexas ś - ź - Nasais m n líquida r l Semivogal w y

Notas

Véxase tamén Outros artigos Vakhí (grupo étnico)

Ligazóns externas Ethnologue data: Languages of the World, 15th Edition The Wakhis: Article from the Ismaili dot net English-Ishkashimi-Zebaki-Wakhi-Yazghulami Vocabulary

Categoría:Linguas iranias orientais meridionais Categoría:Linguas da China Categoría:Linguas de Paquistán Categoría:Linguas de Tadjiikistán