Santa Margarida é un lugar da parroquia de Santa María a Maior do Val no concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 136 habitantes (75 homes e 61 mulleres), dous máis ca en 2003. Toponimia

O topónimo Santa Margarida é un haxiotopónimo e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación.

Patrimonio Ao carón da estrada DP-5405 está a mámoa de Santa Margarida, duns 30 metros de diámetro e dous metros de altura. Está situada no medio dun terreo encaixonado entre dúas leiras, co peche dunha delas foi destruída unha parte dela.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares do Val

Parroquias de Narón

Categoría:Lugares de Narón