Séamus Ó Grianna, coñecido localmente como Jimí Fheilimí, nado en 1889 e finado en 1969, foi un escritor irlandés en lingua irlandesa. Empregou o pseudónimo de Máire

Traxectoria Naceu nunha familia de poetas e contadores de historias en Ranafast, Condado de Donegal, e foi á escola primaria até a idade de 14 anos. Pasou varios anos en casa e como traballador temporal en Escociahttp://www.bbc.co.uk/northernireland/learning/history/stateapart/agreement/culture/support/cul2_n031.shtml An Irishman's Diary by Pol O Muiri. Asistiu a unha escola de verán de lingua irlandesa en 1910 e ensinou durante un tempo para a Liga Gaélica. Converteuse formalmente en profesor no St. Patrick's College, Dublín, entre 1912 e 1914, e ensinou principalmente no Condado de Donegal até 1920. Viuse envolto en liortas políticas e foi á cadea como republicano durante a Guerra Civil Irlandesa. Traballou como tradutor para An Gúm, no Servizo Civil Irlandés, e en dicionarios de irlandés no Departamento de Educación.

Véxase tamén Bibliografía Caisleáin Óir. Mercier Press, Dublín 1994 (novela) Castar na Daoine ar a Chéile. Scríbhinní Mháire 1. Editado por Nollaig Mac Congáil. Coiscéim, Dublín 2002 (novela e xornalismo) Cith is Dealán. Mercier Press, Dublín e Cork 1994 (relatos curtos) Cora Cinniúna 1-2 (dous volumes de historias curtas) An Gúm, Dublín 1993 Cúl le Muir agus scéalta eile. Oifig an tSoláthair, Dublín 1961 (historias curtas) Na Blianta Corracha. Scríbhinní Mháire 2. Editado por Nollaig Mac Congáil. Coiscéim, Dublín 2003 (xornalismo) Nuair a Bhí Mé Óg. Mercier Press, Dublín e Cork 1986 (autobiografía) An Sean-Teach. Oifig an tSoláthair, Dublín 1968 (novela) Tairngreacht Mhiseoige. An Gúm, Dublín 1995 (novela)

Notas

Ó Grianna, Séamus