Radical Youth (Mocidade Radical) é un grupo autónomo de mozos de Aotearoa (Nova Zelandia, en maorí), con base en Auckland, que se formou a comezos de 2005 para abordar asuntos que afectan aos mozos deste país. O grupo autodefínese como antiautoritario e anticapitalista e dende os seus comezos veñen traballando sobre asuntos que inclúen a censura de Internet nas escolas, o G8, a pobreza infantil, o cambio climático e eliminar os salarios ou tarifas de pago diferenciadas para mozos. Os seus organizadores en gran parte proveñen de grupos anarquistas; ten unha convocatoria mínima de canto menos 500 estudantes en cada acto, e no 2007 moveu dúas campañas.Get Active
Organizaron un entroido contra o capitalismo en solidariedade coas protestas en Gleneagles contra o G8 en xullo de 2005, en agosto lanzaron a súa campaña contra as tarifas para mozos e un piquete fora do local principal de McDonalds. Dende entón teñen apoiado a campaña contra as tarifas de mozos e elevar os salarios mínimos dos mozos a $12 a hora. Nunha marcha de 2006 o grupo cobrou sona nacional por unha folga de estudantes secundarios pola abolición das tarifas de mozos. O acontecemento, que atraeu a uns 1000 estudantes da escola, foi etiquetado como unha revolta e chamou a atención dos medios de comunicación,Comunicado de Radical Youth debido en parte á xuventude dos organizadores. No 1 de maio organizaron unha reunión e manifestación para continuar a loita dos traballadores xoves pola igualdade de salario.
Radical Youth organizadou un evento ciclístico (masa crítica) no casco financeiro de Auckland no Día Internacional da Acción Directa contra o Cambio Climático e o G8, e despregaron bandeiras en apoio da campaña Save Happy Valley Campaign para deter a mina de carbón da empresa Solid Energy.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Radical Youth Solidariedade dos Mozos Verdes con Radical Youth Actividades de Radical Youth en Indymedia NZ
Categoría:Anarquismo Categoría:Nova Zelandia