é unha serie xaponesa de manga shōnen creada por Eichiro Oda e publicada na revista Shūkan Shōnen Jump. Conta cunha adaptación a serie de anime creada por Toei Animation.

Historia O manga comezou a súa publicación o 19 de xullo de 1997 na revista semanal Shūkan Shōnen Janpu e ata o 31 de outubro de 2012 apareceron máis de 700 capítulos que se publican tamén como tankōbon, polo de agora 70. A serie de televisión, producida por Toei Animation, principiou a súa emisión en 1999 e ata o 2013 leva emitidos 600 episodios. En Galicia, a TVG e máis tarde TVG2 emiten a serie dentro do espazo Xabarín Club.

One Piece presenta as aventuras de Monkey D. Luffy, un adolescente de 17 anos que adquiriu habelencias sobrenaturais ao comer un froito do demo e que pretende conseguir o seu máis gran devezo, o gran tesouro One Piece o que o transformaría no Rei dos Piratas.

Sinopse Monkey D. Luffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Luffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido.

Luffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro.

Nas súas aventuras, Luffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe pola Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

Personaxes

Episodios

Dobraxe Estudio: Sodinor S.A. (Vigo). Data: 2008-2012. Dirección: Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal(Seiyū) Monkey D. Luffy Daniel Lema Mayumi Tanaka Zoro Rorona Nacho Castaño Kazuya Nakai Nami Montse Davila Akemi Okamura Usopp Manuel Pombal Kappei Yamaguchi Sanji Gaspar Somoza Hiroaki Hirata Nefertari Vivi / Miss Wednesday Beatriz García Misa Watanabe Reni Reni Chopper Charo Pena Ikue Ootani Nico Robin / Miss All-Sunday Teresa Santamaría Yuriko Yamaguchi Coby Ana Lemos Mika Doi Helmeppo Antón Olmos Koichi Nagano Shanks Óscar Fernández Shuichi Ikeda Gol D. Roger Antón Cancelas Chikao Ohtzuka Capitán Fumeta Alfonso Valiño Ginzo Matsuo / Mahito Oba Tashigi Xermana Carballido Noda Junko Capitán Buggy Andrés Bellas Shigeru Chiba Alvida (gorda) Amelia Rodríguez Yoko Matsuoka Alvida (fraca) Miriam Aldrei Yoko Matsuoka Zeff Pés Vermellos Alfonso Valiño Koji Yada Don Krieg Luís Iglesia Tachiki Fumihiko Ollos de Falcón Xosé Tanas Takeshi Aono Nojiko Isabel Vallejo Wakana Yamazaki Bellemere Teresa Santamaría Noriko Hidaka Arlong Miguel Pernas Jurota Kosugi Mr. 3 Matías Brea Nobuyuki Hirayama Miss Goldenweek Helena Amoedo Akiko Nakagawa Mr. 0 / Crocodilo Gonzalo Faílde Ryuzaburo Otomo Mr. 2 / Bon Clay Antón Rubal Kazuki Yao Wapol Paco Barreiro Bin Shimada Portgas D. Ace Gelos Rosado Toshio Furukawa Koza Chema Gagino Takeshi Kusao Mr. 1 Óscar Fernández Tetsu Inada

Música de One Piece

Véxase tamén

Outros artigos Jolly Roger dos Piratas do Sombreiro de Palla Ligazóns externas One Piece Páxina oficial One Piece na páxina da TVG

Categoría:Debuxos animados Categoría:Series de manga Categoría:Anime con versión galega Categoría:One Piece