Elias Howe, nado en Spencer (Massachusetts) o 9 de xullo de 1819 e finado en Nova York o 3 de outubro de 1867, foi un inventor estadounidense.
Traxectoria Foi pioneiro na creación da máquina de coser, aínda que o seu inventor fora Walter Hunt. En setembro de 1846 concedéuselle a primeira patente dunha máquina de coser. A patente foi denunciada ante os tribunais na década de 1850, debido a que o invento pertencía a Walter Hunt que o inventara anteriormente sen patentala. O que fixo Howe foi perfeccionala e remodelala.
Foi soterrado no camposanto de Gravesend, en Nova York.
Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Worcester, Massachusetts Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1867