O conflito de Osetia do Sur de 2008 foi un conflito militar que comezou o 7 de agosto de 2008, no que estiveron implicadas por unha banda Osetia do Sur, Rusia e Abkhazia e pola outra Xeorxia. O conflito armado comezou en Osetia do Sur, coa Batalla de Tskhinvali, e posteriormente os enfrontamentos estendéronse a Xeorxia e ao mar Negro.
Causas do conflito As raíces do conflito O conflito entre Osetia do Sur (xuridicamente parte de Xeorxia, mais non de facto) e Xeorxia afúndense nas políticas de delimitación territorial levadas a cabo nos primeiros anos da URSS por parte do Comisario de Lenin para as Nacionalidades, Iosif StalinA última faena do ditador Stalin, por M.A. Murado. quen dividiu o territorio de Osetia e integrou unha parte na RSS de Xeorxia e outra na RSSF de Rusia.
Coa entrada en crise da URSS comezan movementos nacionais até entón durmidos entre as xentes da Unión Soviética, e no 10 de novembro de 1989 o Congreso de Deputados Populares da rexión autónoma suroseta proclama a súa conversión en República Autónoma dentro de Xeorxia. En 1990 os deputados proclaman a soberanía e creación da República de Osetia do Sur.
O 5 de xaneiro de 1991 destacamentos da Garda Nacional entran en Tskhinvali e causan diversas atrocidades ó enfrontarse ao exército osetoEn Caucasus.dk Páxina sobre o Cáucaso de Dinamarca - ''5-6 January 1991 Several thousand Georgian troops enter Tskhinvali and commit atrocities overnight; the war starts., dando comezo a unha guerra que en dous anos causou uns 1.800 mortos e o éxodo de 4.000 persoas. A guerra rematou cun acordo entre Eduard Shevardnadze e Boris Eltsin o 24 de xuño de 1992 e o 14 de xullo deste ano comezou unha operación de paz, na que se creaba unha forza de paz composta por xeorxianos, rusos e osetos.
Causas recentes A tensión na rexión comezou co cumio da OTAN en abril de 2008 en Bucarest, onde se estableceu o visto e prace para o ingreso na alianza de Xeorxia e Ucraína, sen concretar o calendario.Cronoloxía da escalada de tensión entre Rusia e Xeorxia nos últimos meses (en castelán). Europa Press (08-08-2008). Tamén Xeorxia tiña afán Peter Lavelle'S BLOG August 7, 2008, 21:38 Why South Ossetia, why now? (en inglés) de rematar rapidamente coa independencia das repúblicas de Osetia do Sur e Abkhazia, para así poder entrar na OTAN.
A reacción de Rusia, que vería reducida a súa esfera de poder, foi estreitar lazos coas repúblicas independentistas, cousa que xa fixera antes cando Estados Unidos recoñeceu a Cosova como estado independente. O mesmo mes de abril houbo unha escalada da tensión co suposto derrubamento dun avión espía non tripulado sobre Osetia do Sur, denunciado por Xeorxia e negado por Rusia. Con posterioridade hai outros incidentes aéreos, así como acusacións cruzadas de provocación.
Nos últimos anos, ademais, ten medrado a importancia estratéxica da zona, na ruta do transporte enerxético, rivalizando Rusia e occidente por aumentar a súa influencia nela.Rusia envía tanques a Osetia do Sur en desafío a Xeorxia , Reuters, 8 de agosto de 2008: "...parece estar cerca de desatar una cruenta guerra en una región que surgió como una ruta clave de transporte energético y donde Rusia y países occidentales están buscando mayor influencia." (en castelán)
Osetia do Sur pretende unirse a Osetia do Norte, na Federación Rusa. No referendo de independencia de Osetia do Sur de 2006 votou o 99% da xente a favor da independencia, sendo a participación dun 95,2%Véxase Referendo de independencia de Osetia do Sur de 2006 para máis información. A journey to South Ossetia, a documentary about life in South Ossetia, made in 2007 (before the war), EuroNews (16.06.2007), en inglés. Pola súa banda, a restauración do control xeorxiano de Osetia do Sur e Abkhazia (onde hai un problema semellante) ten sido unha das metas dos presidente xeorxiano Mikheil Saakashvili dende a Revolución Rosa. Saakashvili propuxo un novo acordo de paz, no cal Osetia do Sur tería unha grande autonomía dentro dun estado federal, pero os líderes osetos continuaron a demandar a independenciaWhat is Georgia's rebel South Ossetia region? , Reuters, 8 de agosto de 2008, en inglés..
O conflito Antes do 7 de agosto miniatura|dereita|Tskhinval logo do ataque xeorxiano. O 1 de agosto comezaron combates breves pero intensos entre soldados de Xeorxia e de Osetia do Sur que causaron a morte de seis persoas e feriron a outras vinte e unha, durando os combates até o 2 de agosto de mañá"Seis muertos en los choques entre Georgia y Osetia del Sur", El País, 3 de agosto de 2008, en castelán.. Dende cada bando acusaban o contrario de comezaren eles. Xa este 2 de agosto o goberno presidido por Eduard Kokoiti comezou a prepara a evacuación de cativos, mulleres e enfermos da capital e arredores da mesmaAutoridades retiram crianças de região de conflito na Ossétia do Sul, en globo.com, 2 de agosto de 2008, en portugués.. O 3 de agosto o Goberno Ruso permitiu a evacuación de cidadáns de Osetia do Sur a Rusia, e no primeiro día marcharon un total de 22 autobuses caragados de persoasВывезли из-под огня. В Россию прибывают беженцы из Южной Осетии . Canal Un. 3 de agosto de 2008, en ruso.
Os combates esporádicos continuaron nos días seguintes. O 6 de agosto Xeorxia anunciou que perdera un APC e que tres soldados xeorxianos foran feridos.Georgia Says its Armoured Vehicle Blown Up, Xeorxia Civil, 7 de agosto de 2008, véxase tamén: Georgia reports 'large-scale battles' in rebel region, AFP, 7 de agosto de 2008 Catro persoas morreron nesa noite. A poboación de Osetia dos Sur continuou coa evacuación e Xeorxia desprazou tanques, artillaría e tropas á fronteiraGeorgia shells its breakaway republic , Rusia Hoxe, 7 de agosto de 2008 Véxase tamén: Georgian tanks head for South Ossetia , Rusia Hoxe, 7 de agosto de 2008.
Días 7 e 8: o ataque de Xeorxia A noite do día 7 de agosto de 2008, quinta feira, Xeorxia lanzou unha operación militar contra a capital de Osetia do Sur co obxectivo de rematar coa independencia da pequena república, crebando así os acordos de alto o fogo de 1992. O ataque produciuse poucas horas despois de os dous lados acordaren comezar negociacións ao día seguinte. A cidade de Tskhinvali, capital de Osetia do Sur, foi cercada por tropas xeorxianasGeórgia ataca república separatista da Ossétia do Sul, en globo.com, 7 de agosto de 2008, en portugués. Coa oposición das forzas surosetos, os xeorxianos avanzaron e ao remate do día 8 de agosto controlaron unha parte significativa da cidade. Ás 04:45 (00:45 UTC), o Ministro Xeorxiano para a Reintegración Temuri Yakobashvili anunciou que Tskhinvali estaba case rodeada, e que Xeorxia controlaba dous terzos do territorio surosetoTskhinvali almost surrounded - Georgian official, ITAR-TASS, arquivo [https://www.webcitation.org/5a2Sg0FSE?url=http://www.itar-tass.com/eng/level2.html?NewsID=12933348%5d, 8 de agosto de 2008. O resultado da ofensiva inicial xeorxiana foi de máis de 1.600 civís mortos.
Ás 00:53 do 8 de agosto (hora local, 20:53 7 de agosto UTC), as forzas xeorxianas comezaron a bombardear a cidade, incluída a ruta pola que eran evacuados os refuxiadosГрузинская сторона обстреливает дорогу, которая ведет из Цхинвали в РФ, RIA Novosti, 8 de agosto de 2008, en ruso. Vexa aquí a tradución ao inglés: The Georgian side fired a road that leads from Russia to Tskhinvali , e ás tres da madrugada hora local (a unha da madrugada na UE), as columnas de soldados xa rodearan a capital e se dirixían cara ao centro da cidadeGeorgia lanza una ofensiva para tomar Osetia del Sur, El País, 8 de agosto de 2008, en castelán. Os bombardeos foron levados a cabo por aviós Sukhoi Su-25 xeorxianosIntensos combates entre as forzas de paz rusas e as de Xeorxia, El País, 8 de agosto de 2008. Unha canle de televisión rusa afirmou pouco despois que xa había quince mortos. O Ministerio de Exteriores ruso sinalou que "a falta de compromiso do Goberno de Tbilisi, o que debería facer reconsiderar á OTAN a súa decisión de admitir a Xeorxia na organización", e exhortou a Xeorxia a pór fin á súa actividade en Osetia do Sur: "Non se conseguirá resolver o problema pola forza. É un axioma que as autoridades xeorxianas deben comprender dunha vez".
Día 8: Rusia involúcrase no conflito miniatura|esquerda|300px|Movementos dos contendentes o 8 de agosto. Azul mostra os ataques xeorxianos, Vermello os osetos e rusos O 8 de agosto Xeorxia afirmou que tropas rusas estaban a entrar polo paso de Roki para reforzar a defensa surosetoSiguen los combates en Osetia del Sur y la Cruz Roja pide abrir un corredor para evacuar heridos, Televisión Española, en castelán, feito confirmado por fontes rusas ao afirmar que as súas tropas chegaran á capital osetaLas tropas rusas entran a la capital de Osetia del Sur para defender a sus compatriotas, El País, castelán. As mesmas fontes afirmaban que avións rusos bombardearan o 8 de agosto posicións tanto en Gori como preto de Kareli.
O mesmo día fontes xeorxianas afirmaron que os avións rusos atacaran a base aérea militar de Vaziani, preto de Tiflis, Rusia trasladaba a guerra ao territorio de Xeorxia. Xeorxia anunciou un cesamento do fogo de tres horas, entre as 11:00 e 14:00 do 8 de agosto para evacuar aos feridos, e reclamou a intervención dos Estados Unidos, á par que anunciaba que retiraría 1.000 dos 2.000 soldados que ten despregados en Iraq para reforzar as tropas que combaten aos rusos.
O Ministro de Reintegración de Xeorxia afirmou que controlaban totalmente a capital, Tskhinvali, dando un ultimato até as 16:00 do 8 de agosto para que os osetos depuxeran as armasTskhinvali está baixo 'pleno control' do Exército xeorxiano, segundo Tiflis, Terra.es, castelán, baixo promesa de amnistíaEstalla una guerra desigual en el Cáucaso , Público, en castelán. Os combates continuaron e non se levou a efecto a treguaCombates en Osetia del Sur dejan más de mil muertos , 08.08.2008, Informador.com.mx, castelán.
Mentres, en Abcazia, o goberno abcazo despregou ás súas tropas ao longo da fronteira con Xeorxia, en palabras do líder abcazo, Serguei Bagapsh: "O que ocorre hoxe en Osetia do Sur, mañá pode ocorrer en Abcazia. Así non podemos seguir".
Ás 06:27 UTC, Reuters informou de que dous cazas rusos bombardearan posicións de artilleiría xeorxiana preto de GoriRussian jets bomb Georgia , Reuters, en inglés. O goberno de Xeorxia informou de que cando menos morreran 60 civís en GoriRussian jets attack Georgian town, BBC. Ás 07:41 UTC, Lenta.Ru informou que unidades da 76a División Aerotransportada de Pskov trasladáranse a Tskhinvali. Segundo o comandante Igor Konashenkov foron trasladadas para reforzar ás forzas de terra de Osetia na capital.
Día 9: Escalada O exército ruso entrou en Osetia do Sur e ocupa outeiros preto da capital suroseta, Tskhinvali, bombardeando posicións xeorxianas; e ao mesmo tempo blindados rusos entraban en Tskhinvali.Los tanques rusos entran en Osetia del Sur, El País, 9 de agosto e 2008, en castelán. Mentres Rusia afirma que enviará á Mariña ás costas abcazas do Mar Negro, pois prevíase unha nova frento alí.Rússia abre segunda frente de conflito com a Geórgia: planeja enviar frota à Abkházia, Globo.com, 9 de agosto de 2008, en portugués
Mentres, Rusia e Xeorxia acusábanse mutuamente de crimes de guerra e xenocidio en Osetia do Sur,Rússia e Geórgia se asusam por crimes de guerra na Ossetia do Sul, Globo.com, 9 de agosto de 2008, en portugués o Parlamento de Xeorxia declarou o estado de guerra e Rúsia, logo de botar aos xeorxianos de Tskhinvali, cercou a cidade xeorxiana de Gori, preto da capital suroseta.
Día 11