O Himno Nacional Brasileiro é o himno do Brasil. Composto por Francisco Manuel da Silva en 1831, a letra data de 1909 sendo o seu autor Joaquim Osório Duque Estrada. Foi oficializado pola lei nº 5.700, de 1 de setembro de 1971, publicada no Diario Oficial do 2 de setembro de 1971.

Historia e características É un himno executado como saúdo á Bandeira Nacional e ao presidente da República, ao Congreso Nacional brasileiro e ao Supremo Tribunal Federal brasileiro. Tamén é de uso noutros casos que stán determinados polos regulamentos de saúdo ou cortesía internacional. A súa execución está permitida mesmo na apertura de sesións cívicas, nas cerimonias relixiosas de carácter patriótico e antes de eventos deportivos internacionais. A música do himno é de Francisco Manuel da Silva e foi inicialmente composta para banda.

En 1831, tornouse popular con versos que lembraban a abdicación de Pedro I, emperador do Brasil. Posteriormente, á época da coroación de Pedro II, a súa letra foi trocada e a composición, debido a súa popularidade, pasou a ser considerada como o himno nacional brasileiro, aínda cando non fora oficializado como tal. Logo da proclamación da República brasileira os gobernantes abriran un concurso para a oficialización dun novo himno, gañado por Leopoldo Miguez. Mentres, coas manifestacións populares contrarias á adopción do novo himno, o presidente da República, Deodoro da Fonseca, oficializou como Himno Nacional Brasileiro a composición de Francisco Manuel da Silva, establecendo que a composición de Leopoldo Miguez sería o Himno da Proclamação da República.

Durante o centenario da Proclamación da Independencia, en 1922, finalmente a letra escrita polo poeta e xornalista Joaquim Osório Duque Estrada tornouse oficial. A orquestración do himno é de A. Assis Republicano e a súa instrumentación para banda é do tenente Antônio Pinto Júnior. A adaptación vocal foi feita por Alberto Nepomuceno e está prohibida a execución de calquera outros arranxos vocais ou artístico-instrumentais do himno.

Letra

Hino Nacional BrasileiroHimno Nacional BrasileiroPrimeira estrofaOuviram do Ipiranga as margens plácidas De um povo heroico o brado retumbante, E o sol da Liberdade, em raios fúlgidos, Brilhou no céu da Pátria nesse instante.

Se o penhor dessa igualdade Conseguimos conquistar com braço forte, Em teu seio, ó Liberdade, Desafia o nosso peito a própria morte!

Ó Pátria amada, Idolatrada, Salve! Salve!

Brasil, um sonho intenso, um raio vívido, De amor e de esperança à terra desce, Se em teu formoso céu, risonho e límpido, A imagem do Cruzeiro resplandece.

Gigante pela própria natureza, És belo, és forte, impávido colosso, E o teu futuro espelha essa grandeza.

Terra adorada Entre outras mil És tu, Brasil, Ó Pátria amada!

Dos filhos deste solo És mãe gentil, Pátria amada, Brasil!Ouviron do Ipiranga as marxes plácidas Dun pobo heroico o brado retumbante, E o sol da Liberdade, en raios fúlxidos, Brillou no ceo da Patria nese instante.

Se o peñor desa igualdade Conseguimos conquistar con brazo forte, No teu seo, ó Liberdade, Desafia o noso peito a propia morte!

Ó Patria amada, Idolatrada, Salve! Salve!

Brasil, un soño intenso, un raio vívido, De amor e de esperanza á terra descende, Se no teu fermoso ceo, risoño e límpido, A imaxe do Cruceiro resplandece.

Xigante pola propia natureza, Es belo, es forte, impávido coloso, E o teu futuro reflicte esa grandeza.

Terra adorada Entre outras mil Es ti, Brasil, Ó Patria amada!

Dos fillos deste solo Es nai xentil, Patria amada, Brasil!Segunda estrofaDeitado eternamente em berço esplêndido, Ao som do mar e à luz do céu profundo, Fulguras, ó Brasil, florão da América, Iluminado ao sol do Novo Mundo!

Do que a terra mais garrida Teus risonhos, lindos campos têm mais flores, Nossos bosques têm mais vida, Nossa vida no teu seio mais amores.

Ó Pátria amada, Idolatrada, Salve! Salve!

Brasil, de amor eterno seja símbolo O lábaro que ostentas estrelado, E diga o verde-louro dessa flâmula - Paz no futuro e glória no passado.

Mas se ergues da justiça a clava forte, Verás que um filho teu não foge à luta, Nem teme, quem te adora, a própria morte.

Terra adorada Entre outras mil És tu, Brasil, Ó Pátria amada!

Dos filhos deste solo És mãe gentil, Pátria amada, Brasil!Deitado eternamente en berce espléndido, Ao som do mar e à luz do céu profundo, Fulguras, ó Brasil, florón de América, Iluminado ao sol do Novo Mundo!

Do que a terra mais garrida Teus risoños, lindos campos teñen máis flores, Nosos bosques teñen máis vida, Nosa vida no teu seo máis amores.

Ó Patria amada, Idolatrada, Salve! Salve!

Brasil, de amor eterno sexa símbolo O lábaro que ostentas estrelado, E diga o verde-louro desa flámula - Paz no futuro e gloria no pasado.

Mais se ergues da xustiza a clava forte, Verás que un fillo teu non foxe á loita, Nin teme, quen che adora, a propia morte.

Terra adorada Entre outras mil Es ti, Brasil, Ó Patria amada!

Dos fillos deste solo Es nai xentil, Patria amada, Brasil!

Véxase tamén

Ligazóns externas Himno Nacional do Brasil Arquivo Mp3, com 2,43Mb (128Kbps, 44Khz, estéreo). Executado pola banda de música da Academia Militar das Agulhas Negras. Lei nº 5.700, de 1º de setembro de 1971 Lei brasileira que trata dos Símbolos Nacionais, entre eles o Himno Nacional do Brasil.

Brasil Categoría:Símbolos do Brasil Categoría:Composicións musicais do século XIX