miniatura|Monumento a Bismarck, Hamburgo miniatura|dereita|Otto von Bismarck Otto Eduard Leopold von Bismarck-Schönhausen, nado en Schönhausen o 1 de abril de 1815 e finado en Friedrichsruh o 30 de xullo de 1898, coñecido como Otto von Bismarck, foi un estadista, burócrata, militar, político e prosista alemán, considerado o fundador do Estado alemán moderno. Durante os seus últimos anos de vida alcumóuselle o «Chanceler de Ferro» pola súa determinación e man dura na xestión de todo o relacionado co seu país,Bismarck tivo unha gran cantidade de pseudónimos entre os que destacan o «Chanceler de Ferro» e o «Aniquilador de Cidades». que incluía a creación dun sistema de alianzas internacionais que asegurasen a supremacía de Alemaña, coñecido como o Deutsches Reich.

Cursou estudos de leis e, a partir de 1835, traballou nos tribunais de Berlín e Aquisgrán, actividade que abandonou tres anos máis tarde para dedicarse ao coidado das súas posesións territoriais. En 1847 entrou a formar parte do parlamento prusiano, onde axiña se converteu en líder da á conservadora. Enfrontouse duramente á revolución de 1848, e por esa época comezou a perfilar o que sería o seu principal obxectivo político: a unificación de Alemaña e a creación do Reich desde preceptos autoritarios e antiparlamentarios.Lerman, Katharine Anne, “Resumen de su vida”..., páx. 7.

A súa carreira política estivo sempre marcada por un férreo conservadorismo e polo belicismo. Formou parte do parlamento prusiano e foi logo delegado diplomático en Westfalia, Francia e Rusia. Procurou sempre a unificación de tódolos pobos xermanos, aínda que fose por medios violentos.

En 1862, tras ser nomeado primeiro ministro de Prusia, emprendeu unha importante reforma militar que lle permitiu dispoñer dun poderoso exército para levar a cabo os seus plans de unificación. Desta forma, en 1864 conseguiu arrebatar a Dinamarca os ducados de Lauenburgo, Schleswig e HolsteinPflanze, Otto, “A unificación de Alemaña”, páx. 233. e, dous anos máis tarde, logo da loita contra Austria, conseguiu a anexión de Hessen, Frankfurt, Hannover e Nassau, o que deu lugar á creación da Confederación Alemá do Norte,Pflanze, Otto, “El nuevo estado”, páx. 245 con Bismarck como chanceler. Para rematar, a guerra contra Francia supuxo a adhesión de Baviera, entre outros estados, e en 1871 proclamouse o Segundo Imperio Alemán no Palacio de Versalles de París.Pflanze, Otto, “A gran Alemaña”, páx. 262. Bismarck converteuse en primeiro ministro de Prusia e chanceler. Durante os 19 anos que se mantivo no poder levou a cabo unha política conservadora, enfrontándose inicialmente aos católicos e combatendo a socialdemocracia. Foi tamén o organizador da Tripla Alianza, con Italia e Austria-Hungría, creada en 1882 para illar a Francia.

En 1871, Guillerme I -rei de Prusia- nomeouno chanceler. A política interior de Bismarck apoiouse nun réxime de poder autoritario, malia a aparencia constitucional e do sufraxio universal destinado a neutralizar as clases medias (Constitución federal de 1871). Inicialmente gobernou en coalición cos liberais, centrándose en contrarrestar a influencia da Igrexa católica (Kulturkampf) e en favorecer os intereses dos grandes terratenentes mediante unha política económica librecambista; en 1879 rompeu cos liberais e aliouse co partido católico (Zentrum), adoptando posturas proteccionistas que favorecesen o crecemento industrial alemán. Nesa segunda época centrou os seus esforzos en frear o movemento obreiro alemán, ao que ilegalizou aprobando as Leis Antisocialistas, á vez que intentaba atraer os traballadores coa lexislación social máis avanzada do momento.Extraído de Biografias y Vidas D'acordo a sección ¿Desea copiar material?.

En política exterior, mostrouse prudente para consolidar a unidade alemá recentemente conquistada: por unha banda, forxou un tramado de alianzas diplomáticas (con Austria, Rusia e Italia) destinado a illar a Francia en previsión dun posible desquite;Pflanze, Otto, “El balance del poder”, páx. 337 por outro, mantivo Alemaña apartada do vórtice imperialista que naquel tempo arrastraba o resto das potencias europeas. Foi precisamente esta precaución fronte á carreira colonial o que o enfrontou co novo emperador, Guillerme II (1888-1918), partidario de prolongar a ascensión de Alemaña coa adquisición dun Imperio ultramarino, asunto que provocou a caída de Bismarck en 1890. Ao faltarlle o apoio do emperador Guillerme II, quen subira ao trono en 1888, Bismarck presentou a súa dimisión en 1890 e retirouse a vivir ao campo. Faleceu en Friedrichsruh o 30 de xullo de 1898 aos 83 anos de idade.

Xenealoxía Ascendencia

A familia Bismarck era unha familia da antiga nobreza da Marca que antes de Otto von Bismarck non dera ningunha personalidade relevante. O seu pai, Ferdinand von Bismarck, era un fidalgo de provincias pouco influente, que renunciara prematuramente ao seu cargo de oficial do exército prusianoMommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 17. En 1806 casou con Luise Wilhelmine Mencken, unha burguesa filla dun conselleiro privado de Berlín. Comparada co rudo fidalgo campesiño, a súa esposa era unha personalidade eminente e moi cultivada cuxa maior ambición cifrábase no seu fillo. A miúdo discutiuse a influencia que exerceu no mozo Bismarck a disparidade de caracteres e de orixe dos seus proxenitores. A cuestión, con todo, é un deses misterios da natureza que a razón humana xamais chegará a descifrar.Richter, Werner, “Infancia”..., páx. 12.Feuchtwanger, E. J. “Nota del autor, Bismarck; misterios”..., páx. 10. En Bismarck parece tamén confirmarse o feito de que as persoas xeniais xorden precisamente da diversidade. No futuro, o propio Bismarck sentiríase cada vez máis atraído polo seu pai, malia ser consciente do seu primitivismo. A súa nai quixo guiarlle e influírlle en demasía. O fillo afirmaría máis tarde: «A miña nai era unha muller fermosa, amante do luxo, de intelixencia despexada e viva, pero carente case por completo diso que chamamos carácter berlinés».Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 18.

Descendencia Otto von Bismarck unicamente tivo unha esposa, Johanna, con quen tivo dous fillos e unha filla: Marie, Herbert e Wilhelm. Os tres viaxaron con el aos moitos lugares que el visitou como Frankfurt, San Petersburgo e París. Nunha carta enviada á súa esposa escribe: «Eles tres son o máis fermoso que hei ter e só por iso sigo aquí».Bismarck, Leben und Werk 1941-44

Dos seus tres fillos, o máis sobresaínte para os historiadores e expertos da vida de Bismarck, foi Wilhelm,Politische Geschichte des neuen deutschen Kaiserreiches, páx. 59, 1925-30 pois logrou redactar unha pequena biografía da vida do seu pai durante a súa loita pola unificación de Alemaña e no seu cargo no Parlamento de Frankfurt. No entanto, aínda que con menor intensidade, Herbert e Marie tamén destacaron na vida aristocrática alemá. A antinazista Hannah von Bredow era tamén neta súa.

Traxectoria Os primeiros anos (1815 - 1847) Infancia miniatura|125px|Retrato de Otto von Bismarck á idade de 11 anos en 1826. Debuxo a carbonciño de Franz Krüger.Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 20. Bismarck naceu o 1 de abril de 1815, ano da derrota definitiva de Napoleón en Waterloo.Ruiz, Raúl, “Napoleón”..., páx. 15 Foi o cuarto fillo dunha familia numerosa. Durante a súa infancia, non ocorreu nin un só suceso destacado. Bismarck era consciente de ser membro da nobreza; a súa formación, no entanto, seguiu nas liñas esenciais os desexos da súa nai e foi moi diferente da que se acostumaba entón nos círculos da nobreza rural prusiana. Estudou en Berlín, primeiro na Plamannsche Lehranstalt, logo no Instituto Friedrich-Wilhelm e para rematar no Graue Kloster ("Convento Gris"). Bismarck non destacou demasiado entre os seus mestres e compañeiros. Máis tarde diríase que abandonou a escola convertido nun panteísta e convencido de que a república era a forma de goberno máis racional. Tales palabras encerraban unha crítica retrospectiva ás institucións docentes da época, máis influídas polo espírito burgués e o humanismo que pola tradición monárquico-conservadora. No entanto, afirmar a súa perfecta compenetración coa república é, de xeito evidente, esaxerado.

Estudos universitarios miniatura|esquerda|125px|Bismarck durante os anos en que era estudante de Gotinga. Autor anónimo, cara a 1836.Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 22. En 1832, aos dezasete anos, ingresou na Universidade de Gotinga para estudar Dereito. De todos os seus profesores, Bismarck só se interesou por Heeren, historiador e profesor de Dereito público cuxas ideas sobre o mapa político europeo dominaríano en gran medida no futuro.Feuchtwanger, E. J. “Juventud, estudios y pensamientos”..., pág. 18. Bismarck fíxose membro do Corps Hanovera, pero apenas aproveitou as posibilidades intelectuais que lle ofrecía aquela cidade universitaria, tan famosa no seu tempo, senón que se entregou corpo e alma ás alegrías da vida estudantil. Moitas das súas aventuras, de maior ou menor gusto, nalgunhas ocasións creáronlle conflitos coas autoridades académicas. El mesmo falou con franqueza e ironía da súa «vida silenciosa», a través da cal mostraba unha personalidade aínda sen moldear. Entre os seus amigos, ademais dos membros da nobreza Corps Hanovera, contábanse dúas importantes personalidades estranxeiras. Naquela época Bismarck, sen verdade ningunha pola súa banda, recoñecía a súa forza interior; nunha carta dirixida a un amigo de mocidade escribía: «Serei o último pelagatos ou o home maior de Prusia».Fragmento dunha carta contida no libro de Hans Rothfels, Vierteljahrshefte für Zeitgeschichte.

Nesa época non existe o máis leve indicio de opinións políticas que deixen albiscar a futura obra do creador do Segundo Imperio. Bismarck finalizou os seus estudos en Berlín sen aproveitar as posibilidades científicas que a universidade lle ofrecía. Tamén neste aspecto mostrouse a súa vigorosa natureza. Polo que aos estudos se refire, Bismarck limitouse a aprender o necesario para aprobar, práctica entón non tan habitual como hoxe. En 1835 realizou o seu exame de licenciatura en Dereito, que non nos ilustra demasiado o seu ideario, pois respondía máis ás preguntas do examinador que aos intereses do examinado.Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 21. Bismarck, cargado de débedas moi a pesar do seu pai, debeu de rir no seu interior cando lle preguntasen a el sobre a necesidade do aforro.

Labor nos tribunais Os anos seguintes pasounos nos tribunais de Berlín e Aquisgrán. A súa meta final era a diplomacia, pois descartaba dedicarse á outra carreira posible para un mozo nobre, a das armas. O seu labor nos tribunais acrecentou a súa aversión cara á burocracia e cara ao formalismo dun servizo rixidamente regulamentado, aversión que conservaría durante toda a súa vida. Ter xefes foi sempre algo superior ás súas forzas. En Aquisgrán tamén se consagrou de maneira total aos praceres da vida, e durante meses e sen permiso, viaxou seguindo os pasos dunha moza inglesa. Posteriormente continuaría o seu labor en Potsdam. En Aquisgrán, os seus superiores recoñecían a súa capacidade, pero opinaban que debía ser máis disciplinado no servizo. A este respecto, Bismarck comentaba con aquela sinceridade tan característica nel: «Creo que o goberno de Aquisgrán deume notas máis altas das que realmente merezo».Richter, Werner, “Infancia”..., páx. 25.

Retiro da actividade burocrática miniatura|125px|Retrato de Otto von Bismarck cara a 1847. Retrato anónimo.Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 25.