miniatura|280px|Nicola Sacco (der.) e Bartolomeo Vanzetti (esq.)

Nicola Sacco, nado en Torremaggiore, provincia de Foggia, o 22 de abril de 1891 e finado en Boston o 23 de agosto de 1927, foi un anarquista italiano residente nos Estados Unidos.

Foi executado o 23 de agosto de 1927 xunto a Bartolomeo Vanzetti ao ser inxustamente declarados culpables do asalto e homicidio do pagador dunha fábrica, Frederick Parmenter e o seu escolta, Alessandro Berardelli, na vila de South Braintree, Estados Unidos, o 15 de abril de 1920. Foron exonerados de xeito simbólico o 23 de agosto de 1977 polo entón gobernador de Massachusetts, Michael Dukakis.

Véxase tamén Outros artigos Bartolomeo Vanzetti

Ligazóns externas Sacco and Vanzetti Commemoration Society. Sacco e Vanzetti .

Categoría:Anarquistas de Italia Categoría:Finados en 1927 Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados na provincia de Foggia