miniatura|Mosteiro do Escorial, cristalización das ideas e da vontade do seu creador, Filipe II de España, un príncipe renacentista. miniatura|Antiga biblioteca da Universidade de Salamanca, institución que tivo unha relevancia fundamental para as ciencias e as humanidades durante o Renacemento español. miniatura|Claustro do Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, exemplo de arquitectura civil renacentista de estilo plateresco.

O Renacemento hispánico, ou Renacemento español, son expresións empregadas para designar o desenvolvemento que tivo en España o movemento artístico, filosófico e científico orixinado en Italia no século XIV (o Quattrocento), e que posteriormente se estendeu ao resto da Europa Occidental, coñecido como o Renacemento.

A introdución das formas artísticas do Renacemento na Península Ibérica fíxose a finais do século XV, e non se desenvolvería ata ben entrado o século XVI.

Os diferentes estados peninsulares que hoxe coñecemos como España (e tamén Portugal), no século XV, herdarían a influencia de Castela na política europea e os contactos comerciais no Mediterráneo da coroa de Aragón. Isto fixo que nos estados gobernados polos Reis Católicos se introducisen as máis modernas correntes artísticas e filosóficas que se estaban a xerar en Italia.

Antecedentes históricos miniatura|Antonio de Nebrija impartindo gramática en presenza do mecenas Juan de Zúñiga. Introducciones Latinae, Biblioteca Nacional de España, Madrid miniatura|Réplica da Pinta en Baiona.

Comunmente acéptase a data de 1492 como inicio da influencia do Renacemento italiano en España. Este novo enfoque nas artes plásticas, na literatura e na ciencia, inspirado na antigüidade clásica e en especial na tradición grecolatina, recibe o impulso transcendental neste ano por varios acontecementos históricos sucesivos:

Unificación do ansiado reino cristián coa toma definitiva do reino de Granada, último reino da España islámica, o 31 de marzo de 1492. O descubrimento oficial de América, o venres 12 de outubro de 1492, coa chegada da expedición de Colón a unha illa do mar Caribe chamada Guanahani. A publicación da primeira gramática dunha lingua vulgar europea, La Gramática de la lengua castellana de Antonio de Nebrija.

O inicio do Renacemento en España lígase intimamente ao devir histórico-político da monarquía dos Reis Católicos. As súas figuras son as primeiras en saír das propostas medievais que fixaban un esquema feudal de monarca débil sobre nobreza poderosa e dada ás rebelións.

Os Reis Católicos unen as forzas do incipiente estado e alíanse coas principais familias da nobreza para manter o seu poder. Unha destas familias, os Mendoza, utiliza o novo estilo como distinción do seu clan e, por extensión, da protección da monarquía.

Pouco a pouco, a estética novidosa introdúcese no resto da corte e no clero, mesturándose con estilos puramente ibéricos, como a arte nazarí do agónico reino de Granada, o gótico exaltado e persoal da raíña castelá, e as tendencias flamengas na pintura oficial da corte e a Igrexa.

A asimilación de elementos deu lugar a unha persoal interpretación do Renacemento ortodoxo, que se deu en chamar plateresco.

Así mesmo, impórtanse artistas de Italia, envíanse aprendices aos talleres italianos, tráense deseños, plantas arquitectónicas, libros e gravados, cadros etc., dos que se copian personaxes, temas e composicións.

Arquitectura 1ª etapa: O derradeiro gótico e o estilo plateresco miniatura|200px|Fachada do Colexio de San Gregorio, Valladolid. 200px|miniatura|Decoración exterior da Capela do Condestábel, Burgos.

1. Estilo isabelino. O gótico isabelino, tamén chamado estilo Reis Católicos, estilo Isabel ou estilo isabelino, é un estilo propio da Coroa de Castela durante o reinado dos Reis Católicos, que representa a transición entre o gótico final (ou gótico flamíxero) e o Renacemento inicial, con características orixinais e influencias da arte islámica e da mudéxar, de Flandres e, en menor medida, de Italia.

A consideración ou non do isabelino como un estilo gótico ou renacentista, como un estilo ecléctico, ou como unha fase dentro do máis xenérico plateresco, é unha cuestión debatida pola historiografía da arte e aínda non resolta....tampouco é satisfactoria a pretendidamente esclarecedora denominación de gótico plateresco, a partir da terminoloxía adoptada por D. Bayón para o que Durliat chamara estilo Isabel e como aglutinante do un e o outro (Marías), pois se conceptualmente existe unha continuidade, o repertorio ornamental empregado é ben distinto, e non existe constancia do uso do vocábulo para as fantasías decorativas medievais. Virginia Soto Caba La cuestión plateresca , en Artehistoria.

O estilo isabelino introduce varios elementos decorativos, máis que estruturais, da tradición castelá e algúns ornamentos de influencia islámica e outros procedentes de Flandres, tipicamente as formas flamíxeras. Moitos dos edificios que se construíron neste estilo foron encargas dos Reis Católicos ou ben estiveron dalgún modo patrocinados por eles. Paralelamente desenvólvese en Portugal unha arte moi similar denominada manuelina. Como característica máis evidente está o predominio dos motivos heráldicos e epigráficos; especialmente os símbolos do zume e as frechas e a granada, que fan referencia aos monarcas. Tamén é característica deste período a ornamentación con bólas.

As referencias á antigüidade clásica en España apenas son algo máis que literarias, ao contrario que en Italia, onde a presenza de edificios romanos era moito máis abundante e o gótico recibírase dunha forma moi adaptada ao gusto clasicista local. Até a década de 1530 non terminou de impoñerse o romano ao moderno na arquitectura española. O uso destes termos referíase, na intención dos que os usaban, a cousas diferentes ao que hoxe podería pensarse: o romano era o estilo do renacemento italianizante, clasicista ou purista; mentres que o moderno era para eles o gótico final e o plateresco.Maroto, J. Historia del Arte, Casals, ISBN 978-84-218-4021-4, páx. 195, citando, entre outros, a Diego de Sagredo Las Medidas del Romano, 1526.

Independentemente das características ambientais dos interiores, o gótico proporciona uns sistemas estruturais de probada eficacia. E precisamente o estilo gótico sufrira na península unha serie de modificacións debidas á tradición local: ventás moito máis pequenas das coñecidas no sistema construtivo e pendentes de cuberta moito menos pronunciadas, e tamén cubertas planas, o que fixo un estilo realmente orixinal, pero que aproveitaba eficientemente o sistema construtivo gótico. Por outro lado, moi probabelmente os arquitectos españois habituados ao gótico, consideraran con certo desprezo os tirantes metálicos vistos, que os arquitectos italianos se vían obrigados a poñer nos arcos para resistir os pulos horizontais, cando no sistema construtivo "gótico" non eran necesarios ou había outros métodos que evitaban a "trampa".

A partir da herdanza gótica comeza a xestarse un estilo propio no que se inclúen elementos máis modernos. Quizais o exemplo máis representativo deste estilo sexa o Mosteiro de San Xoán dos Reis de Toledo, en que a idea gótica está máis no sistema construtivo que na concepción do espazo interior, a relación faise máis distante co gótico orixinal francés.

Por iso na península, cuxa tradición de arquitectura clásica está temporalmente moi afastada (tras séculos de construción gótica), prefírese, por tradición propia, por racionalidade construtiva, o sistema gótico, que no tempo vai evolucionando na decoración dos edificios -correspondendo coa riqueza xeral do país no momento- cara a un recargamento, o que se deu en chamar plateresco, mentres que se manteñen intactos varios elementos do gótico, especialmente o modo de levar as cargas das bóvedas aos piares (non aos muros, como no románico), apuntalándoos cos arcobotantes, cos seus capiteis e, moitas veces, os arcos apuntados.

miniatura|200px|Portada da Igrexa Maxistral dos Santos Nenos Xusto e Pastor, Alcalá de Henares. miniatura|200px|Portada do Hostal dos Reis Católicos, antigo Hospital Real, Santiago de Compostela. 200px|miniatura|Fachada da Universidade de Salamanca.

2. Estilo Cisneros. O estilo Cisneros ou estilo cisneriano (tamén denominado arquitectura cisneriana, Renacemento cisneriano ou gótico cisneriano) foi unha modalidade decorativa do gótico final e o primeiro Renacemento españois, situado temporalmente entre finais do século XV e comezos do XVI, e espacialmente no centro peninsular, especialmente en Toledo, vinculado á figura de Francisco Jiménez de Cisneros (o cardeal Cisneros) e, en moitos trazos, similar ao plateresco. miniatura|esquerda|Colexio Maior de San Ildefonso da Universidade de Alcalá de Henares.O corpo central reconstruíuse en estilo clasicista por Rodrigo Gil de Hontañón. O edificio orixinal estaba construído en ladrillo, material propio da arquitectura mudéxar (a substitución do "barro" polo "mármore" quedou inmortalizada epigraficamente no patio interior coa frase que supostamente Cisneros dirixira a Fernando o Católico, que se burlaba da pobreza dos materiais de construción empregados: Et luteam olim marmoream nunc). No extremo máis afastado encóntrase unha parte destacada da construción orixinal: a fachada en pedra con espadana da capela, onde e está a tumba de Cisneros. No interior do Colexio está o paraninfo. Esencialmente o Cisneros é un estilo arquitectónico diferenciábel do estilo isabelino e do estilo plateresco, recoñecíbel polas súas características decorativas que unen formas renacentistas con mudéxares.

Desenvolveuse principalmente no programa arquitectónico da arquidiocese de Toledo na época do cardeal Cisneros, baixo a dirección do arquitecto Pedro de Gumiel.

As obras máis importantes que cabe destacar son, na catedral de Toledo, a sala capitular (1504-1512, con traza de Gumiel e Enrique Egas, e artesoados de Diego López e Francisco de Lara) ; e en Alcalá de Henares a Igrexa Maxistral Ou colexiata dos Santos Nenos Xusto e Pastor, hoxe catedral de Alcalá de Henares. A asociación co estilo cisneriano adoita facerse á fachada. A torre é do século XVII (Arsenio Lope Huerta Alcalá de Henares, Everest, 2001, ISBN 84-241-0327-0). e o paraninfo e a capela do Colexio Maior de San Ildefonso da Universidade (1499-1516, con traza de Gumiel).Castillo Oreja, M. A. (1980): Colegio Mayor de San Ildefonso de Alcalá de Henares. Génesis y desarrollo de su construcción. Siglos XV-XVIII. Alcalá de Henares: Ayuntamiento de Alcalá de Henares.

3. Plateresco. O desenvolvemento do Renacemento produciuse principalmente por arquitectos locais. Desta maneira, creouse unha corrente puramente española do estilo, que se viu influída pola arquitectura do sur de Italia (dominios da Coroa de Aragón nesa época). Este estilo español chamado plateresco, combinaba as novas ideas italianas coa tradición gótica española, así como coa idiosincrasia local. O nome provén das extremadamente decoradas fachadas destes edificios, que se asimilaban ao intricado e detallista traballo dos prateiros.

O Plateresco, tamén chamado gótico plateresco, protorrenacemento, estilo Isabel, estilo Reis Católicos (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) e estilo Príncipe Filipe (referido á súa fase renacentista), foi unha corrente artística, especialmente arquitectónica, tradicionalmente considerada como exclusiva de España e os seus territorios, que apareceu entre o último gótico e o Renacemento, a finais do século XV, estendéndose durante os dous séculos seguintes.