Triangulum ou Triángulo é unha pequena constelación do norte, onde as súas tres estrelas máis brillantes, de terceira e cuarta magnitude, forman un triángulo alongado. É unha das 88 constelacións modernas e tamén foi unha das 48 listadas por Tolomeo.

Estrelas principais

α Trianguli (Metallah ou Mothallah), é unha binaria espectroscópica de magnitude 3,41, menos brillante que β Trianguli. β Trianguli (Deltotum ou Deltotron), a máis brillante da constelación con magnitude 3,00, unha estrela subxigante branca. γ Trianguli, estrela branca de magnitude 4,03. δ Trianguli, anana amarela algo maior co Sol a só 35 anos luz de distancia. ε Trianguli, estrela dobre formada por unha estrela principal de magnitude 5,50 e outra secundaria de magnitude 11. TZ Trianguli (6 Trianguli), sistema estelar cuádruplo e estrela variable, (coñecida nalgunhas fontes antigas coma ι), é unha atractiva estrela dobre cun destacable contraste de cor que pode ser vista cun telescopio de tamaño medio nun forte amarelo e cun apagado azul. Ambas compoñentes son binarias moi pechadas, formando así o sistema estelar de 4 compoñentes.Robert Burnham, Jr (1978). Burnham's Celestial Handbook, Dover Publications, New York. ISBN 0-486-24065-7

Obxectos Notables do espazo profundo

Galaxia do Triángulo (M33), galaxia espiral tipo Sc e membro do Grupo Local que semella ser unha galaxia satélite da galaxia de Andrómeda, situada a 2,9 millóns de anos luz. O ter magnitude 5,8, é de abondo brillante para ser divisada a simple vista no ceo nocturno. Nebulosa NGC 604, a rexión máis grande de hidróxeno ionizado que se coñece. Galaxia espiral NGC 925, así coma as galaxias NGC 672 e IC 1727, estas últimas separadas apenas 88.000 anos luz. Quasar 3C 48, ó norte da constelación, un dos primeiros descubertos.

Historia e mitoloxía

A pesar de ser unha constelación menor, o grupo de estrelas que forma Triangulum xa era coñecido na antigüidade e, debido á súa semellanza coa letra grega Δ tomou ás veces o nome de Delta ou Deltotum.

Pola súa forma tamén tense asociado ó delta do río Nilo e foi tamén relacionada coa illa de Sicilia.

Unha versión explicaba que a causa do pouco brillo de Aries, o deus Hermes colocou sobre esta constelación varias estrelas ás que lle deu a forma da letra delta, coma primeira letra do xenitivo de Zeus (Διός).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4.

Outros artigos Triangulum Australe Triangulum Minor

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Triangulum Star Tales – Triangulum

Categoría:Constelacións