San Vicenzo de Candai (até 2026, Candai (San Vicente)) é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 88 habitantes (40 homes e 48 eran mulleres), un menos ca en 2006.

Xeografía Situada á marxe dereita do Miño, regan as súas terras os arroios Portoprés e As Chairas. Alcanza a súa máxima altitude no Cordal de Candas (605 m).

Patrimonio Existe un reducido número de mámoas (3 - 4) no chamado Monte de Candai.

A igrexa parroquial de San Vicenzo de Candai foi reedificada en 1877 sobre os cimentos dunha anterior probablemente de orixe románica.

Festas San Vicenzo o 22 de xaneiro. Santo Antonio o 13 de xuño.

Lugares e parroquias Lugares de Candai

Parroquias de Outeiro de Rei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei

Ligazóns externas Candai na web do concello de Outeiro de Rei

Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo