Os galaicos (termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί) eran un conxunto de pobos de cultura e lingua hispanoceltas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus / gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio Romano de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego.
Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase principalmente á Idade Antiga, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.
Etimoloxía Aínda non se sabe con absoluta certeza se os callaeci eran un pobo que sobresaía sobre os demais e con posterioridade os autores gregos empregárono como nome xenérico dos habitantes do noroeste peninsular, ou se con este nome pretendíase designar aos habitantes dunha rexión constituída por varios pobos. A primeira opción é adoptada actualmente polos investigadores, sendo os callaeci un pobo castrexo do sur da Gallaecia, os callaecos,Mapa dos pobos prerromanos , cara ao 200 a.C. situado durante o dominio romano no denominado Convento Bracarense.Caamaño Gesto, José Manuel. A gran historia de Galicia. Cultura Castrexa. Volume 1: Ocupación do territorio e cultura material.
O historiador romano Plinio noméaos como un dos pobos do convento bracarense.Historiae Naturalis, páxina 50.
Historia e orixe Orixe A orixe dos galaicos e en xeral, daqueles pobos prerromanos que habitaban a Gallaecia, atópase basicamente nas poboacións da Idade de Bronce, é dicir nos construtores dos megálitos e dos petróglifos dentro das poboacións atlánticas indoeuropeas.
Tras séculos de convivencia nun mesmo marco xeográfico, a finais da Idade de Ferro, estas poboacións do extremo noroccidental da Península Ibérica acadaran xa un alto grao de homoxeneidade cultural, conformando finalmente unha unidade étnica propia e orixinal que as diferenciaba do resto.
Como tal foron percibidos polos primeiros autores greco-latinos tales como Estrabón ou Plinio, que os denominaron co nome de Gallaeci (en latín) ou Καλλαϊκοί (en grego), se cadra pola aparente similitude cos xa coñecidos Galli (galos) e Gallati (gálatas).
Historia miniatura|175px|Cabeza de Rubiás, Bande, s. I d.C., Museo de Ourense.|esquerda miniatura|175px|Guerreiro de Armeá, Allariz, Museo de Ourense. miniatura|220px|dereita|O casco ou cunca de Leiro, obxecto propio da Idade do bronce atlántico. Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón. Galicia. O feito de que os galaicos non adoptaran a escritura ata os primeiros contactos co Imperio Romano, imposibilita o estudo dunha historia con perspectiva propia e longa no tempo. Non obstante, as alusións que sobre estes pobos se atopan en determinados autores greco-latinos permiten reconstruír eventos históricos deste pobo desde o século II a. C.
Así, grazas de Silio Itálico, sabemos que entre os anos 218 e 201 a. C, durante a segunda guerra púnica, algunhas tropas galaicas acudiron a loitar nas filas do cartaxinés Haníbal contra o exército romano de Escipión. Tamén engadiu Silio Itálico unha pequena descrición do continxente galaico e da súa particular actitude militar.
Tras Silio Itálico, foi Apiano de Alexandría o autor da obra Iberiké, quen menciona o primeiro conflito bélico coñecido entre galaicos e romanos. Nela, Apiano narra os feitos acontecidos no transcurso das guerras lusitanas (155 - 139 a.C), mencionando que neste último ano (139 a. C.), tras ser burlado polo xefe lusitano Viriato, o exército romano de Quinto Servilio Cepión devastou os campos dos galaicos e vetóns. Este ataque sobre as poboacións galaicas máis meridionais, posiblemente se situou na rexión Alto Douro, próxima á fronteira cos vetóns, posuíndo esta acción un carácter de castigo, pola axuda prestada destes pobos aos lusitanos.
Organización político-territorial miniatura|dereita|250px|Recreación dunha casa patio galaica ou núcleo familiar, no sur da Gallaecia. A organización política dos galaicos non se coñece con seguridade, aínda que pode que se artellasen en pequenos estados independentes entre si compostos por un número dispar de castros, encabezados estes estados pola figura dun rei local que os romanos denominaron princeps como noutras partes de Europa.
Cada galaico identificábase así mesmo como membro do castro que habitaba (segundo a interpretación máis común do C invertido da epigrafía posterior) así como do estado/pobo ao que pertencía, e que os romanos denominaron populus, entre os que atopamos numerosos nomes como arrotrebae, albiones, celtici praestamarici, lemavi etc.., do mesmo xeito que ata finais do século XVIII a xente en Galicia se identificaba coa parroquia e a comarcaAs bisbarras persistentes, culturagalega.org.. Unha fonte para coñecer os seus nomes é o Padrón dos pobos. Galaicos lucenses miniatura|120px|Estela galaico-romana de Crecente. Realizada a finais do século II, foi adicada a unha defunta aristócrata chamada Apana, da tribo galaica dos Célticos Supertamáricos, tal e como se pode ler na parte inferior da propia estela.Entre os galaicos lucenses atopábanse algúns pobos: Albións: No territorio entre os ríos Navia e Eo, con posible capital no castro de Coaña; Arróns: Na comarca do Ortegal, posible capital no castro de Santa Marta; Ártabros: Probable federación de pobos entre Ferrol e As Mariñas; Caporos: Posiblemente entre Santiago de Compostela e Padrón; Cibarcos: Na Mariña luguesa central; Cilenos: Territorio costeiro entre os ríos Ulla e Lérez; Lemavos: Na Terra de Lemos; Nerios: Na costa da Morte; Célticos Praestamaricos: Na península do Barbanza; Seurros: Na Comarca de Sarria;
Galaicos bracarenses Entre os galaicos bracarenses atopábanse algúns pobos como os:
Bibalos: Ao sur da serra de Larouco. Brácaros: Arredores da cidade de Braga, e esta como capital. Callaecos: Arredores da cidade de Porto, na desembocadura do Douro. Coelernos: Sobre as Terras de Celanova, con capital en Coeliobriga. Grovios: Na Comarca do Baixo Miño con capital na cidade de Tude. Helenos Interamnicos: Posiblemente situados en Tras os Montes. Límicos: Nas terras da Limia, con capital no Forum Limicorum. Narbasos: Na Gallaecia suroriental. Nemetatos: Nas proximidades de Paços de Ferreira. Quarquernos: Arredor da Baixa Limia con capital nos arredores de Aquis Querquennis. Tamaganos: No Val do río Támega. Turodos: Ao norte da serra da Padrela.
Asentamentos miniatura|esquerda|240px|Ruínas do castro de Coaña, occidente de Asturias. Este castro galaico formaba parte do pobo dos albións, do que se coñece a un dos seus princeps, chamado Nicer.miniatura|Extensión do territorio dos galaicos bracarenses dentro da Gallaecia a finais do século III dentro do Imperio Romano.|esquerdaO modo de hábitat dos galaicos baseouse na ocupación do territorio especialmente en poboados fortificados que reciben o nome de castros, podendo variar o seu tamaño dende pequenas aldeas de menos de 1 hectárea máis usuais no norte, e de grandes castros de máis de 10 hectáreas que reciben o nome de oppida ou "citanias", estando estes máis presentes na metade sur do seu poboamento tradicional. Este xeito de habitar o territorio -en castros- foi común a toda Europa durante a Idade de Bronce e de Ferro, recibindo no noroeste da Península Ibérica o nome de '"cultura dos castros" ou "cultura castrexa" que alude a este tipo de manifestación cultural antes da chegada de Roma, con todo os galaicos seguirían a habitar castros ata o século VIII d.C.
Estes poboados fortificados acostuman a situarse en outeiros despexados, promontorios rochosos ou penínsulas que se internan no mar, o que facilita a visibilidade, a defensa e o dominio do contorno. O lugar do asentamento vén dado tamén en función dos recursos naturais explotados polos moradores. Os castros galaicos manteñen unha certa homoxeneidade, presentando trazos comúns. Así, as casas e os edificios domésticos situábanse principalmente na "croa" -parte superior do castro-, podendo tamén situarse nos barrios anexos á croa preto do chamado "antecastro", espazos que non albergaban vivendas, pero que se supón que estaban destinados a animais ou hortas. Cada unha destas áreas, podía estar limitada por murallas, parapetos ou foxos. Ás veces hai unha especie de engadidos, os antecastros, que tamén se arrodean de murallas. Coa integración no Imperio Romano e a chegada da Pax romana, a poboación galaica comezará a abandonar gran parte dos castros e a dispersarse sobre terras de cultivo, en vales e terras máis accesibles pero menos defendibles.
Só no territorio da Galicia actual chegan a contabilizarse máis de dous mil castros, o que revela unha das maiores dispersións de poboación da Idade de Ferro en toda Europa, que sería en boa medida a orixe da ocupación galega do territorio herdada ata o presente, e caracterizada por pequenas e numerosísimas poboacións distantes entre si.
Modo de vida miniatura|esquerda|240px|Recreación dunha casa galaica, no castro de Vigo, no sur de Galicia.
Sociedade A sociedade galaica amósase fiel ao modelo social dos pobos indoeuropeos e concretamente célticos. Por unha banda cada tribo estaba encabezada por un rei, chamado princeps, do que se descoñece se este era elixido de entre a aristocracia local -sistema electivo- ou se pola contra formaba parte dunha liñaxe real -sistema hereditario-. Polos restos epigráficos coñecemos a existencia de dous reis ou principes galaicos, un da propia Lucus Augusti, do que só se sabe era fillo dun aristócrata chamado Veroblio, e outro chamado Nicer, fillo de Clutoso, e princeps dos albións. A existencia destes personaxes implica unha sociedade altamente xerarquizada e estratificada.
Apoiando militarmente a estes soberanos, é posible que cada tribo galaica contase cun grupo de nobres e guerreiros que proporcionaban protección á tribo e nos que probablemente recaia a administración local de cada castro dentro da tribo. O seu status social ao igual que os soberanos, amosábase non só no poder político, ou adquisitivo das súas pertenzas senón o uso de determinados obxectos simbólicos intimamente ligados ás clases altas da aristocracia como eran os torques. Lingua
No momento presente, non existe unanimidade entre os lingüistas de que o idioma ou linguas faladas polos galaicos formaban parte das linguas célticas continentaisXa Gorrochategui advertía que: en Gallaecia non todo é celta, senón que os datos, aínda que escasos e difíciles de valorar, apuntan a unha riqueza lingüística maior e a unha situación máis complexa. J. Gorrochategui “Gallaecia e as linguas prerromanas da Península Ibérica”, en AA.VV., Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego, s.l. 1998, 15–49.,Eugenio R. Luján Martínez, The Language(s) of the Callaeci ., extintas hoxe en día. No entanto, reviste máis complexidade a adscrición de dita lingua celta á rama britónica ou goidélica, aínda que maioritariamente se estima máis achegada lingüisticamente á rama goidélica. Por outra banda, suponse que a lingua celta empregada polos galaicos debeu de ser moi semellante á do resto de pobos indoeuropeos no norte e oeste da Península Ibérica.
Por outra banda, o estudo do idioma ou linguas faladas polos galaicos atopa o seu maior atranco na carencia de rexistros escritos en dita lingua. Así, as fontes de estudo para esta son indirectas e case sempre presentes en inscricións epigráficas xa en latín, nas que se reflicten teónimos, antropónimos, hidrónimos e topónimos que permitiron mediante métodos comparativos identificar a onomástica galaica dentro das linguas célticas.
Relixión