San Salvador de Cabreiroá é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 152 habitantes, deles 69 eran homes e 83 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. A parroquia está organizada nunha soa aldea.
A parroquia está atravesada pola autovía A-52, que une Vigo e Ourense con Benavente e a A-6.
Patrimonio A igrexa parroquial foi construída no século XVII, sendo o retablo maior do XVIII. Conserva unha cruz de prata deseñada en 1630 polo prateiro de Verín Penín.
Augas de Cabreiroá Nesta parroquia está o manancial que deu lugar á creación da empresa Aguas de Cabreiroá, fundada en 1906 por José García Barbón.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cabreiroá
Parroquias de Verín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Verín
Categoría:Parroquias de Verín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador