Lisardo Freijo López, coñecido como Tenente Freixo, nado en Doncos (As Nogais) e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Loitou durante a guerra civil co exército republicano na fronte de Asturias, onde acadou o grao de tenente. Trala guerra organizou en 1943 un grupo guerrilleiro que actuaba nas bisbarras de Curtis e Ordes. Ao ano seguinte integrouse, co nome de Destacamento Santiago Álvarez, na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia baixo as ordes de Marrofer actuando entre Arzúa e Melide. Do seu grupo fixo parte Foucellas. Morreu o 26 de xuño de 1946 xunto a Marrofer e outros guerrilleiros nun enfrontamento coa Garda Civil en Milreu. Substituíuno á fronte do destacamento Samuel Mayo Méndez.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados nas Nogais Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes