San Silvestre de Freixo é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 37 habitantes, deles 21 eran homes e 16 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Silvestre de Freixo está construída en cachotaría de lousa, ten planta rectangular e porta principal arqueada. O campanario, de dous vans, remata nun pequeno frontón. No interior destaca o retablo de estilo renacentista e ornamentación barroca, con columnas salomónicas.

Lugares e parroquias Lugares de Freixo

Parroquias de Samos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Samos

Categoría:Parroquias de Samos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Silvestre