Limburgo (Limburg en neerlandés e limburgués, Limbourg en francés) é unha provincia situada no sueste dos Países Baixos, con fronteira coas provincias de Güeldres e o Brabante do Norte, con Bélxica ó oeste, e co estado alemán de Renania do Norte-Westfalia ó leste. Ten unha extensión de 2.153 km² e 1 120 006 habitantes (decembro de 2013). A súa capital e cidade máis poboada é Maastricht.
Ten o seu propio idioma, o limburgués, recoñecido oficialmente como lingua rexional dende 1997.
Nome O nome de Limburgo deriva da cidade fortificada do mesmo nome, situada á beira do río Vesdre, preto de High Fens , agora na próxima provincia belga de Liexa. O seu nome deriva dos elementos xermánicos lindo, "árbore de lima" e burg, "fortificación".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web oficial da provincia
Categoría:Provincias dos Países Baixos