O Templo de Guayaquil, Ecuador é un dos templos construídos e operados pola Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, o número 58 construído pola igrexa e o primeiro de Ecuador, situado na cidade de Guayaquil.
Como todos os templos da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, o templo de Guayaquil foi construído co fin de prover ordenanzas e cerimonias consideradas sacras para os seus membros e necesarias para a salvación individual e a exaltación familiar.
Non é un edificio de adoración sacramental semanal e resérvase o seu uso para os membros bautizados que son dignos, baseado nunha recomendación emitida polas autoridades locais da igrexa.
Notas
Categoría:Templos da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días Categoría:Ecuador