A ría do Barqueiro é unha ría galega, formada na desembocadura do río Sor no mar Cantábrico. Forma parte das rías Altas.
Localización Sitúase entre os concellos do Vicedo (na provincia de Lugo, da Mariña Luguesa) e Mañón (na provincia da Coruña, da comarca do Ortegal). Limita ao oeste coa península de Bares, e ao leste co concello do Vicedo e a illa Coelleira. Dentro da ría están as praias de Bares, Vilela, Arealonga, Castro, Fomento, Caolín, Vidrieiro e Xilloi.
Dálle nome a localidade do Barqueiro, porto pesqueiro do concello de Mañón.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas
Barqueiro Categoría:Xeografía da provincia de Lugo