Berta Dávila Fernández, nada en Santiago de Compostela o 31 de decembro de 1987, é unha escritora e editora galega.
Traxectoria Novelista e poeta, Dávila comeza a escribir na adolescencia e gaña unha serie de certames xuvenís como o Minerva do colexio Manuel Peleteiro (2006), entre outros, publicando textos en revistas, plataformas dixitais, e libros colectivos. Gañadora de varios premios literarios, actualmente reside na súa cidade natal.
Realizou obradoiros de escrita na libraría Chan da Pólvora. Desde o 2021 dirixe a colección Rúa do Lagarto de Euseino? Editores, e nese mesmo ano creou canda a Carlos Meixide o selo editorial Rodolfo e Priscila.
A súa novela Carrusel foi elixido en 2019 o mellor libro de narrativa de 2019.
Obra Poesía Corpo baleiro (2007). Espiral Maior. 69 páxs. ISBN 978-84-96475-65-6. Dentro (2008). Editorial Fervenza. 56 páxs. ISBN 84-96368-79-3. Raíz da fenda (2013). Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9914-527-3.
Narrativa Bailarei sobre a túa tumba (2008). Biblos Clube de Lectores. ISBN 978-8493660741. Traducido ao castelán como Bailaré sobre tu tumba, Biblos, ISBN 978-84-936607-5-8. A arte do fracaso (2010). Barbantesa. ISBN 978-8493733070. Traducido ao castelán en 2012, como El arte del fracaso, en Pulp Books e tamén ao xaponés no 2013 pola mesma editorial. O derradeiro libro de Emma Olsen (2015). Vigo: Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-9865-507-0. O derradeiro libro de Emma Olsen (2020). Vigo: Galaxia. Novela gráfica. Adaptación da novela de Berta Dávila. Guión adaptado e ilustración Pablo Prado. ISBN 978-84-9151-447-3. Carrusel (2019). Vigo: Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-9151-404-6. Traducido ao castelán (2021) pola propia autora na editorial Barret. Illa Decepción (2020). Vigo: Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-9151-559-3. Os seres queridos (2022). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-030-4. ePub: ISBN 978-84-1110-082-3. Foi traducido ao castelán pola propia autora A ferida imaxinaria (2023). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-461-6. ePub: ISBN 978-84-1110-467-8. miniatura|Presentando Os seres queridos na libraría Cronopios de Pontevedra o 7 de abril de 2022
Literatura infanto-xuvenil A fuxida (2014). Biblos Clube. Libro ilustrado por Inma Doval. ISBN 978-8415086437. A pel do mundo (2017). Vigo: Galaxia, col. Árbore. 76 páxs. ISBN 978-84-9151-146-5. Un elefante na sala de estar (2022). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 140 páxs. ISBN 978-84-1110-086-1. ePub: ISBN 978-84-1110-080-9. Demetrio Demoscopio perdeu a chispa (2022). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-061-8. ePub: ISBN 978-84-1110-062-5. O libro grande dos números pequenos (2023). Ilustracións de Gastón Caba. Vigo: Xerais, Pequeno Merlín. 32 páxs. ISBN 978-84-1110-265-0. ePub: ISBN 978-84-1110-276-6. O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos) (2024). Vigo: Xerais. Ilustracións de Julia Lago. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-512-5. ePub: ISBN 978-84-1110-520-0.
Obras colectivas No ocaso dos poemas (2004). Ningunha primavera máis sen flores (Galaxia, 2006). Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006). A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012). Sete de Biblos (Biblos Clube, 2012). Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (Bubela, 2013). Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013). Libres e vivas (Galaxia, 2021). 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.
Pequeno álbum de Nova York en inverno (Rodolfo e Priscila, 2021; con Carlos Meixide)
Premios Premio de poesía e narración nas campañas Entre nós en Galego da Xunta de Galicia de 2002, 2003, 2004 e 2005. Premio Minerva de poesía no 2005. XI Premio de Poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada no 2008, por A auga toda do teu corpo. Premio Biblos de novela no 2008, por Bailarei sobre a túa tumba. XV Premio de poesía Carballeira no 2012, por Raíz da fenda. Premio Narrativa Breve Repsol no 2013, por O derradeiro libro de Emma Olsen. Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de Ficción de 2013, por O derradeiro libro de Emma Olsen. Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores á mellor autora de 2013. Premio da AELG á mellor obra de poesía do 2013, por Raíz da fenda. Premio da Crítica Española 2014, por Raíz da fenda.. Premio Díaz Jácome de poesía do 2018, por Limiar. Premio García Barros 2019 por Carrusel. Premio da Crítica de narrativa galega do 2019 por Carrusel. Premio Narrativa Breve Repsol no 2020, por Illa Decepción.Berta Dávila, coa “Illa Decepción”, gaña o XIV Premio Repsol de Narrativa Breve Premio Jules Verne no 2021 por Un elefante na sala de estar. Premio Xerais no 2021 por Os seres queridos. 2025: Premio Ostana polo seu compromiso coas linguas minorizadas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog de Berta Dávila Entrevista á autora en Galicia Hoxe Entrevista á autora na TVG Culturgal 2013. Conversa con Berta Dávila Coloquio con Berta Dávila en Redondela Entrevista en ZigZag o 22/04/2022
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1987 Categoría:Gañadores do Premio García Barros