Santa María do Burgo é unha parroquia do concello de Muras na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Tiña 80 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 33 mulleres. O que supón unha diminución de 36 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 116 habitantes (64 homes e 52 mulleres) e 43 menos que en 2006.

Patrimonio Nesta parroquia estaba situada a casa forte de Muras, castelo que pertencía, segundo Murguía, aos condes de Lemos; algúns dos seus restos están na casa reitoral da parroquia e nos muros de casas particulares.

Lugares e parroquias Lugares do Burgo

Parroquias de Muras

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muras

Categoría:Parroquias de Muras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María