Jonathan Pereira Rodríguez, nado o 12 de maio de 1987 en Vigo, é un ex futbolista galego. Xogaba como dianteiro e disputou máis de 300 partidos entre a Primeira e a Segunda división.
Traxectoria miniatura|esquerda|220px|Jonathan Pereira coa selección galega Empezou na canteira do Celta de Vigo, xogando 2 anos cos alevíns. Logo estivo 4 anos no Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral (Vigo), e ós 15 anos marchou ó Villareal para xogar nas categorías inferiores.
Debutou na primeira división o 21 de outubro de 2006 contra o Levante, e 17 segundos despois marcou o seu primeiro gol, converténdose no debutante que menos tempo tardou en meter un gol. En xullo de 2007 o Villarreal cedeuno ó Racing de Ferrol da segunda división, equipo co que descendeu á segunda B.
No verán de 2008 foi seguido por varios equipos, como o Racing de Santander, o Málaga ou o Recreativo de Huelva, aínda que todos pretendían a súa cesión, xa que tiña contrato co Villarreal ata o 2013. Finalmente foi cedido ó Racing de Santander por unha tempada.
Jonathan pasou á historia racinguista por ser o primeiro xogador do club en marcar un gol na Copa da UEFA. O partido foi o 18 de setembro de 2008 no Sardinero fronte ao FC Honka Espoo, gañando o conxunto cántabro por 1-0. Tamén marcou no último partido que disputou o equipo cántabro na competición europea fronte ao Manchester City no Sardinero o 18 de decembro de 2008. Anotou ademais o gol máis rápido na historia do Racing, aos 24 segundos no partido fronte ao Deportivo da Coruña en Riazor, o 8 de marzo de 2009.
Ao rematar a súa cesión volveu ao Villareal, e en xaneiro de 2010 foi fichado polo Real Betis Balompié por 3,4 millóns de euros.
Selección nacional Foi internacional coa selección de fútbol de Galicia en dúas ocasións. Foi internacional coas seccións inferiores da selección española de fútbol, coas que conseguiu o subcampionato de Europa Sub-17.Jonathan Pereira, convocado pola selección sub-21
Palmarés Copas internacionais TítuloClubPaísAnoSubcampión Eurocopa Sub-17Francia2004
Récords O 4 de agosto de 2011, disputou un amigábel de pretemporada co Real Betis contra o Neath galés marcando 7 goles. Isto colocouno no quinto posto do ránking mundial de máis goles conseguidos nun só partido por un xogador, tan só por debaixo de Pelé (8 goles), Voskamp (8), Nielsen (10) e Thompson (13).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1987 Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21