Santa María de Luaces é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2019 tiña 68 habitantes, deles 35 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.
Historia No século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta de poboamento aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.
No século XIX, coa creación dos primeiros concellos formouse o de Luaces, pero en 1835 creouse o actual de Pol, e o seu territorio foi integrado nel.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Luaces
Parroquias de Pol
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pol
Categoría:Parroquias de Pol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María