O Pazo de Cristal é un edificio construído no 1887 no madrileño Parque do Retiro, co gallo da Exposición das Illas Filipinas, celebrada ese ano.
Estrutura e contexto miniatura|250px|dereita|Vista nocturna.
A súa estrutura é de metal, e está totalmente recuberto por pranchas de cristal, de onde vén o seu nome. Á súa beira atópase unha lagoa artificial, cunhas curiosas árbore no seu interior, o alcipreste dos illós (Taxodium distichum), que ten coma principal característica que parte do seu tronco e das súas raíces están mergulladas na auga.
Reaccións na época Ademais da súa función na exposición, o pazo era, en parte, un intento de demostrar ao resto de Europa a grandeza de España. Construído por Ricardo Velázquez Bosco, en colaboración con Alberto de Palacio, inspirándose no Crystal Palace, construído en Londres en 1851 por Joseph Paxton. A grande impresión que debeu de causar na súa época queda reflectida nesta descrición, aparecida en O Globo, en 1887.
miniatura|dereita|180px|Detalle das vidreiras.
Usos
Actualmente, trala reparación de 1975, o Pazo ten o aspecto orixinal. Pero a súa función non volverá ser a mesma, pois só no 1992 inauguráronse en Madrid tres invernadoiros. Na actualidade realízanse exposicións temporais de arte contemporánea, formando parte das sedes expositivas do Museo Raíña Sofía.
Véxase tamén
Ligazóns externas El Palacio de Cristal del Retiro ante una nueva etapa, de Ángeles Blanco García.
Cristal