Bexo é un lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro.

Historia A súa situación puido influír no temperá asentamento humano en Bexo. Segundo os achados atopados na mámoa da Paradegua os primeiros bexenses datan do inicio do Megalitismo, polo 3500 a.C., poboación que na idade de ferro xa se tiña refuxiado no lugar onde se atopa o castro da Veiga de Abaixo ou murallas de Bexo e o monte do Carboeiro.

Patrimonio natural Bexo conta coa insua de Bexo, a máis grande de todas as do río Ulla, ou o illote de Espiñeira.

Patrimonio histórico e cultural Ademais da xa mencionada mámoa da Paradegua, catalogada nos anos 70 polo arqueólogo Antón Rodríguez Casal, do tipo primitivo, Bexo conta coas murallas e a capela de Santo Amaro de Bexo. Esta capela está datada no século XVII e garda as imaxes de pedra de San Pedro, non esculpida totalmente sobre a lousa, e da Virxe do Belén, e unha imaxe en madeira do patrón, santo Amaro, de bastante idade. En Bexo tamén hai unha serie de cruceiros e, aínda que non contan con moita antigüidade, cabe mencionar tamén os muíños de regato sitos no lugar do Rial.

Mencións na literatura O escritor e xornalista escocés de Cumberland Aubrey F. G. Bell, no seu libro Galicia vista por un inglés (Spanish Galicia), publicado no ano 1922, fala de Bexo, mentres camiña dende Padrón ata as terras de Arousa polo camiño que era por aquela época a actual estrada AC-305 despois de pasar polas aldeas dodresas de Lestrobe, Vigo, Castro e Imo, di:

Lugares e parroquias Lugares de San Xoán de Laíño

Parroquias de Dodro

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Dodro

Categoría:Lugares de Dodro