As formas infinitas, tamén denominadas impersoais ou amodotemporais, caracterízanse pola ausencia de sufixo de modo e tempo e de sufixo de número e persoa (a excepción do infinitivo conxugado), presentando só morfema de aspecto. O Participio presenta flexión de xénero e número. Sintacticamente non poden ser nunca verbo principal.

Valores As formas infinitas poden expresar calquera valor de modo ou tempo. Segundo o contexto poden expresar unha acción: Anterior á enunciación: Rematado o traballo, podemos descansar Simultánea á enunciación: Para de chorar Posterior á enunciación: Agardo ter vacacións este verán

Estas formas opoñeránse polo aspecto: O Infinitivo: é aspectualmente neutra. O Xerundio: presenta a acción na súa fase central, xeralmente no seu desenvolvemento. O Participio: presenta o resultado da acción, xeralmente no seu termo.

Categoría:Tempo verbal