Un préstamo lingüístico é un elemento xeralmente lexical que unha lingua toma doutra. Os préstamos son resultado do contacto con novas realidades que hai que designar.

Clasificación dos préstamos Segundo o ámbito de actuación poden ser: Préstamo fonético: cando o novo elemento é un fonema. Préstamo morfolóxico: cando o elemento introducido é morfoloxía. Préstamo sintáctico: cando o elemento introducido é unha estrutura sintáctica. Préstamo lexical: cando o elemento novo é unha palabra. Préstamo semántico: cando o que se incorpora é un significado novo. Segundo a vía de entrada poden ser: Préstamos directos: o préstamo é resultado do contacto directo entre as dúas linguas. Préstamos indirectos: cando a introdución do préstamo é por medio dunha lingua intermedia.

Véxase tamén

Outros artigos Préstamos da lingua galega Interferencia lingüística Calco léxico

Categoría:Lexicoloxía