O Exilio galego de 1936 está formado polo conxunto de cidadáns galegos que tiveron que abandonar o país no período comprendido entre o inicio da guerra civil española (1936-1939) e a inmediata posguerra, ante o perigo de represalias pola súa significación política na II República, especialmente en movementos de esquerdas ou galeguista. Ata o 2001 había censados 2.141Repertorio biobibliográfico do exilio galego: unha primeira achega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2001. exiliados galegos.
Tipoloxía do exilioNúñez Seixas, "Itinerarios do desterro: sobre a especificidade do exilio galego de 1936" en O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios. A maioría dos exiliados procedían do territorio republicano, xa que a situación xeográfica no momento de Galiza, limitando ao norte e oeste co océano Atlántico, ao sur con Portugal Salazarista e ao leste temporalmente con territorio leal á II República, antes do avance das tropas nacionais en Asturias, dificultaba a fuxida.
En canto á cronoloxía, pódese distinguir as seguintes fases:
Xullo-agosto de 1936 Setembro-abril de 1939 Período posterior á guerra civil: Década dos 40: fuxidos e guerrilleiros que foxen de Galiza vía Portugal, polo mar ou atravesando a península até Francia. Década dos 50: nesta década prodúcese unha diminución de exiliados e polo xeral trátase de persoas que conseguen abandonar Galiza legalmente, aínda que por motivacións políticas. Anos 60-73: persoas dunha nova xeración que se ven obrigadas a deixaren o país pola súa significación política. 72-75: provocado polas folgas de Ferrol e Vigo de marzo do 72 e polo aumento da axitación política.
Dentro desta cronoloxía poden superporse os seguintes itinerarios:
Os fuxidos dos primeiros meses: trátase do exiliado que se converte en fuxido nos primeiros meses. Politicamente comprometido, trasládase por vía marítima, por Portugal ou polo monte a territorio republicano. Tras a caída de Cataluña, segue o mesmo destino que o exilio republicano. O fuxido: non puido fuxir nos primeiros momentos nin a territorio republicano nin a América. A fuxida por mar: protagonizada principalmente por mariñeiros e residentes das vilas costeiras: Nos primeiros días da guerra saíron de Galiza varios barcos e bous que recalaron en portos do mar Cantábrico, Francia ou Inglaterra. Malia o perigo de seren detidos pola policía portuguesa, algúns barcos recalaron na costa de Portugal. Segundo distintos cálculos foron 40García Durán, J. (2001): Pola liberdade. A loita antifranquista de Luís Costa, Vigo, A Nosa Terra. barcos os que saíron de portos como A Coruña, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal, Malpica de Bergantiños, Cariño, Ferrol e Ares. Fuxida cara a Portugal por vía terrestre: O perigo de fuxir a Portugal viña dado pola Garda de Fronteiras e PVDE, que procedían á súa expulsión. A integridade dos fuxidos dependía en boa parte dos contactos que tivesen ao norte do Miño. Estas redes transfonteirizas podían ser de parentesco ou o contacto con opositores ao salazarismo, aínda que moitos labregos trasmontanos e do Minho albergaban fuxidos na súa casa a cambio de que colaborasen nas tarefas agrícolas. Por último aínda hai que ter en conta a existencia de contrabandistas que facilitaban a fuxida ou mesmo documentación aos fuxidos a cambio de diñeiro. Unha vez chegados a Portugal, o máis frecuente era o embarque ilegal cara a América e Francia. Alistamento no exército franquista: co fin de protexer a vida e coa esperanza de pasarse ao bando republicano. Moitos conseguiron cambiar de bando, aínda que moitos tiveron que loitar até o final da guerra no bando nacional. O exiliado por azar xeográfico: galegos que no momento da sublevación estaban en territorio leal á república. Inclúense aquí políticos, estudantes na universidade de Madrid, mais tamén emigrantes estacionais, como xornaleiros, ou permanentes. Neste caso a súa sorte posterior sería a mesma que a do exilio republicano. Tras a caída de Cataluña, serían internados en campos de concentración franceses, desde onde procurarían traballo en Francia ou o embarque cara a América. Os que non conseguiron embarcarse, tiveron que soportar a ocupación nazi e os menos afortunados foron dar a campos de concentración nazis. O fuxido ou guerrilleiro de Posguerra: os que se evadiron do cárcere despois do 39 ou se viron obrigados a escapar polas denuncias ou persecucións políticas. O legalmente emigrante a partir de marzo do 46: moitos deles obedecen ao reagrupamento familiar ou polas causas sinaladas no punto anterior.
Os destinos do exilio galego A subida ao poder nos 30 dos nazis ao goberno alemán e a guerra civil española fixo que os distintos estados repensasen a súa política inmigratoria no referido a perseguidos por razóns relixiosas, políticas ou étnicas. A partir do 1936 EEUU e países de América Latina mostran a súa hostilidade cara a esa categoría de inmigrantes.
O exilio galego dirixiuse principalmente cara a América. O destino dependía da situación de política en que se achaba cada estado e da actitude cara aos exiliados, que podía ir da política de portas abertas á máis restritiva. Así o triunfo de políticas autoritarias na época en países como Guatemala, Nicaragua, Honduras ou O Salvador supuxera xa a ruptura de contactos co goberno da II República e en consecuencia unha actitude belixerante cara aos exiliados. No outro extremo temos a política de México, destino maioritario do exilio republicano dada a actitude do seu presidente de Lázaro Cárdenas. Para a entrada de refuxiados noutros países xogou un papel moi importante a presenza de emigrantes radicados con anterioridade á guerra civil, que por medio de trámites específicos puideron reclamar parentes e amigos.
A axuda aos refuxiados canalizábase primeiramente por medio do SERE, Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles e, posteriormente, a través do JARE, Junta de Ayuda de Refugiados Españoles.
Francia Francia foi nun principio o escenario dun dos movementos de poboación máis importantes do século XX. Conducidos nun principio a un campo de concentración en circunstancias pouco favorábeis, os refuxiados agardaban atopar praza nun barco con destino México ou Chile. Os que non puideron embarcarse e ficaron definitivamente en Francia compoñen un grupo cunhas características que os afastan dos exiliados noutros países. Así, a maioría deles pertencen a unha extracción social media ou baixa e moitos militan no anarquismo ou socialismo.
Unión Soviética A Unión Soviética foi un destino moi minoritario, principalmente de militares membros do Partido Comunista de España. O caso máis coñecido é o de Enrique Líster. Un grupo de exiliados republicanos constituíano aviadores, que completaban nese país a súa formación e mariñeiros enrolados no “Cabo de San Agustín”, na súa maioría galegos. Ao rematar a guerra ofrecéuselles a posibilidade ou ben de retornar a España ou ficar na URSS, mais non ir a terceiros países como era o desexo dos propios refuxiados. Os que non quixeron o regreso foron recluídos na rexión siberiana de Yakutia. Morreron nesta reclusión o pobrense Ricardo Pérez Fernández e o vivariense Francisco Ruíz García. Algúns puideron retornar tras a morte de Stalin en 1954.
México miniatura|200px|dereita|Carlos Velo, cineasta galego, exiliouse en México. México foi o destino maioritario do exilio galego, representado nun 43% do exilio total. Isto foi debido á posición institucional de Lázaro Cárdenas. O apoio do presidente á república débese en parte a razóns de política interna, xa que pretendía contrarrestar as posicións máis reaccionarias na esquerda mexicana. Deste xeito, demostrou o apoio á república no envío de armas e na chegada dos primeiros refuxiados, os nenos de Morelia en 1937. Creou a Casa de España, posteriormente Colegio de México, para a actividade de intelectuais españois. As expedicións máis importantes foron as do Sinaia, Ipanema e Méxique chegados a Veracruz a mediados de 1939. O perfil destes refuxiados é xeralmente o de intelectuais e traballadores altamente cualificados. As súas relacións coa sociedade mexicana ou coa colectividade española radicada no país varían dun sector a outro. Así, contaron coa simpatía do sector gobernamental e dos intelectuais, mais desconfianza desde a dereita e mesmo etnofobia desde os sectores nacionalistas radicais. Canto á relación coa colectividade española, foi polo xeral de desconfianza ou mesmo desprezo.
Cuba Ao estalar a guerra, o goberno da illa mantivo unha actitude encamiñada ao recoñecemento do goberno de Burgos. Porén, cara a finais de 1937, Fulgencio Batista, nun intento de achegamento ao Partido Comunista Cubano, modificou en certa medida a actitude cara á república, favorecida polo apoio á causa republicana da sociedade cubana e de boa parte da colectividade española radicada na illa. As axudas á república canalizáronse por medio da Casa de la Cultura y la Asistencia Social, do Partido Comunista cubano e de asociacións masónicas. Neste contexto realiza Castelao a súa viaxe. A finais de 1938 e principios de 1939, percorre a illa, participando en numerosos actos para a recollida de axudas. Ao mesmo tempo, participa de maneira activa nas eleccións para a dirección do Centro Gallego de La Habana, apoiando a candidatura de esquerdas, Hermandad Gallega, presidida polo exiliado pontevedrés, Gerardo Álvarez Gallego. Malia o apoio de Castelao, imponse a candidatura de dereitas, Afirmación Gallega. Este triunfo supuxo a saída de asociacións do Centro Gallego. Estas asociacións serán posteriormente determinantes no apoio aos refuxiados.
Polo xeral, Cuba foi un destino indirecto, ao que chegaban persoas de terceiros países, e de tránsito, xa que moitos se instalaban no país, mais con planos de iren a outros. Porén, foi tamén un destino directo, principalmente para exiliados que tiñan vínculos familiares. A reinserción laboral dos exiliados non foi doado, debido á existencia dunha única universidade na illa e ás trabas para exerceren a docencia nela. No entanto, moitos traballaron na prensa escrita e en institucións culturais como a Institución Hispanocubana de cultura ou o Lyceum da Habana. Ademais, un conxunto de exiliados en colaboración con cidadáns cubanos fundaron en 1939 a Escuela Libre de La Habana, inspirada na Institución Libre de Enseñanza. Nesta escola, tiveron un papel destacado os exiliados galegos Pedro Riveiro, Lois Tobío Fernández, Xoán López Dura e José Rubia Barcia.
República Dominicana Malia as simpatías de Leónidas Trujillo por Francisco Franco, o ditador dominicano si permitiu a entrada de exiliados. As razóns serían o desexo de limpar a imaxe do seu goberno, moi deteriorada internacionalmente despois da matanza de 15.000 haitianos e un plan de branquear a illa, así como o plan de creación de colonias agrícolas. Como resultado das negociacións con distintos organismos republicanos, chegaron ao país distintas expedicións entre 1939 e 1940. O plan de creación de colonias agrícolas non deu os resultados agardados debido a que apenas había agricultores entre os exiliados. Ademais, a República Dominicana foi un destino de tránsito e dun total de 3.132Rubio, José (1977): La emigración de la Guerra Civil española de 1936-1939. Madrid. exiliados, unicamente un terzo ficou no país. A colonia española estaba composta por 1500 persoas, dedicadas maioritariamente ao comercio retallista e importación e constituían un grupo económico poderoso. En defensa dos seus intereses económicos, apoiaron o bando franquista. Este sería o caso da reducida colonia galega, procedente na maioría da Guarda. A pesar disto, parece que na súa relación cos exiliados primou a solidariedade étnica. Canto á relación coa sociedade dominicana, a influencia do exilio español foi decisivo no movemento obreiro e nos núcleos comunistas.
Colombia