Ángel Barja Iglesias, nado en Terroso (Vilardevós) o 5 de outubro de 1938 e finado en León o 12 de febreiro de 1987"Ángel Barja, compositor", nota necrolóxica en El País, 14 de febreiro de 1987 ., foi un compositor galego.

Biografía Estudou o bacharelato en El Espino de Burgos e despois filosofía, psicoloxía e teoloxía en Valladolid. A súa intención era facerse eclesiástico, mais abandonou o proxecto para dedicarse á música. De feito, aos 16 anos xa compoñía pezas de música coral. Formouse nas diversas facetas da arte musical e en 1954 comezan as súas actividades como compositor.

Para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos, viaxou por Italia, onde mantivo contactos con Petrassi, Porena, Bertolucci e o movemento de vangarda Nuova Consonanta, e tamén por Suíza e Austria. En 1972 instalouse en León para dedicarse ao ensino no conservatorio e á dirección do coro Capela clásica.

As súas composicións abranguen varios xéneros musicais e moi diversificadas linguaxes.

Premios Premio Nacional de Composición, 1972. Premio Nacional de Composición, 1984. Premio Internacional da Real Academia de Belas Artes de Granada 1985.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Memorial Ángel Barja.

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 1987