Telescopio pode facer referencia a:
O telescopio óptico é un instrumento do enxeño humano que permite estender a capacidade dos ollos humanos de observar e mensurar obxectos lonxincuos. Unha constelación do hemisferio sur chamada popularmente Constelación do Telescopio, aínda que é máis coñecida polo seu nome científico, Telescopium. Telescopium Herschelii, unha constelación hoxe en día obsoleta, Telescopium Herschelii (latín para Telescopio de Herschel) creada por Maximilian Hell no 1781 na honra do famoso astrónomo William Herschel.