Stuart Conquest, nado en Ilford o 1 de marzo de 1967, é un xadrecista inglés. Conseguiu o título de Grande Mestre do xadrez ós 24 anos de idade, gañou o Campionato Británico de xadrez no 2008 e tamén foi membro da selección inglesa de xadrez.
O seu maior éxito xadrecístico a nivel mundial foi cando gañou o Campionato do Mundo sub 16 en Embalse, Córdoba, na Arxentina no 1981. En 1985 logrou o título de Mestre Internacional e no 1991 chegou a ser Grande Mestre. Foi Campión Británico de xadrez na modalidade de partidas rápidas no 1997. O seu auxe na puntuación ELO da FIDE alcanzouno en outubro do 2001 cando tivo 2601 puntos.
Traxectoria Infancia O seu pai ensinoulle a xogar cando tiña 5 anos, no 1972. Nesa época xogaban polo Campionato do Mundo Bobby Fischer e Boris Spassky, entón o pai era un xadrecista inscrito no Hastings Chess Club, ou sexa, no Club de Xadrez de Hastings, e seguía con moita atención os acontecementos xadrecísticos neses tempos. A súa nai tamén xogaba ó xadrez con Stuart cando era pequeno, gañoulle xogos a ela xa moi cedo, mais ela xogaba ás cegas dicíndolle os movementos coas coordenadas mentres el ollaba o taboleiro. Stuart empezou a gañarlle partidas ó seu proxenitor cando tiña entre os 9 e 10 anos, ós 9 anos foi cando seu pai o levou ó club. Logo foi adestrado por Arthur Winser, que fora en 24 ocasións campión de Hastings. No primeiro ano clasificouse para a final do Campionato do Club de Hastings, o que era unha plusmarca histórica. Un ano máis tarde, ós 10 anos, gañou o seu primeiro torneo no club con partidas de 30 minutos, facendo 4½ puntos en 5 xogos e sendo premiado con 9 libras esterlinas. Apareceu por primeira vez fotografado na prensa ós 11 anos nun xornal cos Grandes Mestres soviéticos Vasyukov e Kochiev. Á idade de 12 gañou o Campionato do Club de Hastings, mais non só, fora primus inter paris co seu amigo Patrick Donovan, de 16 anosEntrevista con Stuart Conquest na berkeleychessschool.orgArtigo sobre Stuart Conquest na kingpinchess.net.
De nova promesa a Grande Mestre Ós 14 anos obtivo o título de Mestre FIDE e gañou o Campionato do Mundo sub 16 na Arxentina. Catro anos despois fíxose Mestre Internacional ó cumprir todas as normas. En xuño do 1991 logrou a última norma de Grande Mestre nun torneo en París.
Eliminatoria para o Mundial da FIDE 2001/2002 no Kremlin en Moscova Conquest xogou as eliminatorias de clasificación, sendo eliminado na primeira quenda nas partidas adicionais contra o Grande Mestre húngaro Zoltan Gyimesi por 4 a 3 nunha serie de 7 xogos. Foran dúas partidas regulares e logo unha rolda doutras dous adicionais, ó empataren tamén nesas, tiveron que xogar unha segunda rolda adicional, ó igualaren tamén naquelas engadiron outra, mais con xogo decisivo. O inglés estivera moi preto de eliminar ó húngaro, pois adiantárase no marcador na terceira partida. Logo non tivo nunca mais a posibilidade de xogar por un Campionato do MundoEliminatorias do Camionato do Mundo da FIDE 2001/2002.
+Eliminatoria para o Mundial 2001/2002 no Kremlin en MoscovaPartidas por orde 1Eliminatoria pra o Mundial 2001/2002 no Kremlin en Moscova, Conquest-Gyimesi, primeira partida 2Eliminatoria pra o Mundial 2001/2002 no Kremlin en Moscova, Gyimesi-Conquest, segunda partida 3 4 5 6 7 Total Stuart Conquest ½ ½ 1 0 ½ ½ 0 3 Zoltan Gyimesi ½ ½ 0 1 ½ ½ 1 4
Torneos e títulos En 1985 gañou un torneo en Guernesei, compartindo o posto con Julian Hodgson. No 1986 triunfou nun torneo en Múnic. En 1987 foi primeiro nun torneo en Ostende, Bélxica, compartindo o posto con Keith Arkell. No 1992 venceu nun torneo en Kuala Lumpur, compartindo o posto con Anthony Miles, Colin McNab, Mihai Suba e William Watson. En Neuwied, Alemaña, triunfou nun torneo no 1993, compartindo o posto con Aleksandre Budnikov. No torneo de Olot fora primeiro no 1994. Gañou o torneo de Hastings, edición 1995/1996, compartindo o posto co que máis tarde fora Campión do Mundo Alexander Khalifman e tamén co croata Bogdan Lalic. Volveu gañar o mesmo evento no 2000/2001, daquela primeiro xunto ó indio Krishnan Sasikiran. En 1997 foi primeiro nun torneo en Tanta, Exipto, compartindo o posto con Mikhail Gurevich. Venceu nun torneo na capital de Trinidad e Tobago no 1999, compartindo o posto con Henry Urday Cáceres, Gerald Hertneck e Christoph Ward. No mesmo ano triunfara nun torneo na cidade Bávara de Fürth, no 1999 tamén vencera noutro torneo en Hamilton, Nova Zelandia. No 2001 gañou un torneo de categoría 14 en Clichy, Francia, coa prestación persoal máis relucente da súa carreira xadrecística. O seu rendemento nese suceso calculouse en 2712 puntos.
Torneo de Grandes Mestres en Clichy dende o 25 de xuño ata o 3 de xullo do 2001 categoría XIV (2585)rangoxadrecistanacionalidadeELO01020304050607080910rendementoTotal 1.-Conquest, Stuart 2563XXXXX½Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Hebden-Conquest0Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Lautier-Conquest½Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Gurevich-Conquest1Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Conquest-Bauer1Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Tregubov-Conquest½Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Conquest-Apicella½Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Conquest-Nataf1Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Conquest-Degraeve1Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Renet-Conquest27126 2-3Hebden, Mark 2560½XXXXX½½10½½1126685½ 2-3Lautier, Joel 26581½XXXXX1½½½½½½26575½4.-Gurevich, Mikhail 2688½½0XXXXX½½1½1½261655-6Bauer, Christian 261200½½XXXXX½½1½125824½5-6Tregubov, Pavel 262801½½½XXXXX½½½½25804½7-9Apicella, Manuel 2508½½½0½½XXXXX0½1255047-9Nataf, Igor-Alexandre 2552½½½½0½1XXXXX0½254547-9Degraeve, Jean-Marc 258900½0½½½1XXXXX12541410.-Renet, Olivier 249400½½0½0½0XXXXX23752
Saíu triufante nun torneo en Erandio no 2003, compartindo o posto con Oleg Korneev e Horacio Saldano. Gañou o torneo aberto da cidade de Logroño no 2004. No 2006 foi segundo cos mesmos puntos que o primeiro Bogdan Lalic. Tamén no 2004 triunfou nun torneo paralelo ás Olimpíadas en Calvia, compartindo o posto con Rodrigo Vásquez. Foi primeiro no Campionato de Donostia no 2006, a puntos iguais con Das Neelotpal, Eric Prie e Kevin Spraggett. No 2007 gañou un torneo en Auckland, Nova Zelandia.
Campionato Británico de Xadrez en Liverpool no 2008 No 2008 conseguiu a vitoria máis orgullosa da súa vida cando dobregou nas partidas de desempate a Keith Arkell no Campionato Británico, pois os dous fixeran 8 puntos. Deste xeito conquistou Conquest o título de Campión Británico coa segunda partida de desempate:
Conquest,S (2536) - Arkell,K (2506) ECO B17
Edición 95 do Campionato Británico, segunda partida de desempate en Liverpool o 09.08.2008.
1.e4 - c6 2.d4 - d5 3.Cd2 - dxe4 4.Cxe4 - Cd7 5.Cf3 - Cgf6 6.Cg3 - c5 7.Be2 - cxd4 8.Dxd4 - e6 9.0–0 - Bc5 10.Dh4 - 0–0 11.Bd3 - Be7 12.Bg5 - g6 13.Tad1 - Te8 14.Bb5 - a6 15.Bxd7 - Cxd7 16.Ce4 - f6 17.Txd7 - Bxd7 18.Cxf6+ - Bxf6 19.Bxf6 - Dc7 20.Be5 - Dd8 21.Bf6 - Dc7 22.Ce5 - Bc6 23.Cxg6 - Bd5 24.Dg5 - Rf7 25.Be5 - Dd8 26.Dh6 - Te7 27.Dxh7+ - Re8 28.Cxe7 - Dxe7 29.Dh8+ - Df8 30.Dxf8+ - Rxf8 31.b3 - b5 32.Te1 - Tc8 33.Te2 - Rf7 34.f3 - a5 35.Rf2 - a4 36.h4 - Rg6 37.g4 - Tf8 38.Te3 - Tc8 39.Te2 - Tf8 40.f4 - Rh6 41.Rg3 - axb3 42.axb3 - Ta8 43.h5 - Ta2 44.Th2 - Be4 45.g5+ - Rh7 46.Td2 - Ta7 1–0
Último torneo exitoso No 2009 finou diante de todos un torneo ó norte da illa de Sardeña, en Palau, no torneo aberto de Capo d'OrsoArtigo na chessbase.com sobre o torneo en Sardeña, o aberto de Capo d'Orso. Segundo foi Sergei Tiviakov, con 2697 puntos ELO.
A táboa cos primeiros 10 de 178 participantes ficou deste xeito:
Torneo aberto de Capo d'Orso en Palau, Sardeña, no 2009rangoxadrecistapuntuación ELOpuntos totais1Conquest Stuart C254972Tiviakov Sergei26976½3Marin Mihail25646½4Lemos Damian25126½5Korneev Oleg25876½6Yusupov Artur25766½7Pelletier Yannick25596½8Skembris Spyridon24346½9Naukim Igor24886½10Cmilyte Viktoria24986½
Rexistros internacionais por equipos Stuart Conquest nunca obtivo unha medalla coa selección inglesa de xadrez nas Olimpíadas. Foi xogador reserva en todas as que participou, sempre como primeiro reserva, a excepción das Olimpíadas de 1996, onde foi segundo reservaEstatísticas de Stuart Conquest en todas as Olimpíadas nas que participou. Tampouco pudo xogar ata agora un Campionato do Mundo de seleccións. Como nas Olimpíadas, no Campionato de Europa tamén tivo catro aparicións.