En física, o núcleo atómico dun átomo é a zona central onde se xuntan os protóns e neutróns, acumulando case toda a masa atómica deste. En bioloxía, o núcleo celular é onde se atopa todo o material xenético dunha célula eucariótica e onde se regulan todas as reaccións químicas que se producen nela. En xeoloxía e astronomía, ao núcleo da Terra e ao núcleo dos diferentes planetas. En informática, o kernel é o compoñente central dos sistemas operativos modernos. En matemáticas, o kernel ou núcleo dunha función ou dunha estrutura alxébrica é o conxunto de elementos cuxa imaxe é o elemento neutro do conxunto final. En arqueoloxía, o núcleo lítico é un fragmento da base dunha rocha co que se elaboraba a meirande parte das ferramentas feitas de pedra. En xeografía, o núcleo é o lugar ou zona onde se desenvolve maior actividade ou certo tipo de actividades con maior intensidade. En lingüística, o núcleo sintáctico, o morfema ou palabra que determina as sintácticas básicas dun sintagma.