A calzada 34, Ab Asturica Burdigalam, recóllese nos itinerarios que os funcionarios romanos confeccionaban a modo de guías de viaxeiros (como os de Antonino, de Rávena ou a Tabula Peutingeriana). Unía Astorga con Bordeos atravesando as actuais provincias de León, Palencia, Burgos, Áraba e Navarra, antes de superar o porto de Sumo Pyrineo (Ibañeta), para internarse en Aquitania.
Segundo o Itinerario de Antonino, o seu trazado en Hispania era o seguinte:
ITEM AB ASTURICA TARRACONE Asturica Augusta, Astorga Vallata Interamnio Palantia, Reliegos Viminacio Lacobriga Dessobriga Segisamone, Sasamón Deobrigula , Tardajos Tritium, Monasterio de Rodilla Virovesca, Briviesca Deóbriga, Miranda de Ebro
Se di que a comezos do século V entran por ela na península os primeiros pobos bárbaros, suevos e alanos. Se data no ano 456 o momento en que tropas visigodas, comandadas por Teodorico II, chegan á meseta norte por esta calzada. Outros autores postulan que a entrada produciuse por Cataluña.
Véxase tamén Ligazóns externas Rutas antonianas
Categoría:Vías romanas