Blue bird é o sinxelo nº 40 da cantante Ayumi Hamasaki, lanzado ó 21 de xuño do ano 2006 baixo o selo Avex Trax.
Información Bastantes especulacións existiron acerca deste sinxelo. Inicialmente xa fora confirmado que sería un sinxelo con tres caras A (como os seus anteriores A e H, e tamén &), pero finalmente a información trocou por un sinxelo dunha soa cara, e se publicou no sitio oficial da señorita Hamasaki un comunicado pedindo desculpas por enviar a información tan anticipada, xa que varios sitios de compras en liña xa tiñan fixado que sería un sinxelo de tras caras. Avex pediu desculpas ós fans da cantante que esperaban o cuarto sinxelo de tres caras A da artista (despois de A en 1999, H en 2002 e & en 2003).
Porén, o sinxelo conta igual con tres cancións distintas, pero Blue Bird é a cara principal, composta por Dai Nagao, exmembro de Do As Infinity quen traballa con ela dende 1999. As letras de tódalas cancións do sinxelo foron escritas por Ayumi Hamasaki. A canción foi utilizada en comerciais de kiwis para a empresa Zespri; o lado b do single, Beautiful Fighters e tamén unha versión alternativa da canción do álbum anterior da cantante (miss)understood chamada Ladies Night ~another night~ foron incluídas dentro de comerciais para promover produtos da empresa Panasonic, que utiliza a Ayumi como rostro dende fai xa 4 anos, actualmente é ocupado como terceiro opening de Naruto Shippuden.
O sinxelo é o primeiro en ser lanzado en tres versións e con dúas edicións CD+DVD, cada unha contendendo material lixeiramente diferente, que neste caso son as imaxes detrás da cámara das gravacións dos dous vídeos feitos para este sinxelo, que se encontran incluídos en distintas versións. As tres versións distintas teñen portadas lixeiramente diferentes tamén, xa que utilizan 3 enfoques distintos para a mesma imaxe.
Lista de temas CD (versión A, B, C) # Título 1. BLUE BIRD 2. Beautiful Fighters 3. Ladies Night ~another night~ 4. BLUE BIRD (Harderground remix) 5. BLUE BIRD (Instrumental) 6. Beautiful Fighters (Instrumental)
DVD (versión A) # Título 1. BLUE BIRD (videoclip) 2. Beautiful Fighters (videoclip) 3. BLUE BIRD (making clip)
DVD (versión B) # Título 1. BLUE BIRD (videoclip) 2. Beautiful Fighters (videoclip) 3. Beautiful Fighters (making clip)
Posición nas listas Posición do single en Oricon. LanzamentoListaMáxima posiciónVendasSemanas21 de xuño de 2006Oricon Weekly Single Chart#1258,56612
Categoría:Sinxelos de 2006