Moa é unha aldea da parroquia de Vilatuxe, no concello de Lalín, provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2025 tiña 21 habitantes (10 homes e 11 mulleres).
Xeografía Está situada no espazo da Rede Natura 2000 da Serra do Candán, ó suroeste do concello, a 6 quilometros de Vilatuxe e a 16 da vila de Lalín. Preto do lugar únense ao Deza dous pequenos afluentes, o río Zobra e o rego de Chedas. Accédese á aldea por unha pista que parte da estrada PO-534 en Vilatuxe e continúa cara a Zobra.
Destaca a súa riqueza natural e paisaxística, dentro da cal podemos atopar a fraga coñecida como devesa de Moa, a presenza de varias alvarizas tradicionais e os restos dunha antiga fortaleza coñecida como Castelo de Paradela.
No monte veciñal en man común hai instalados varios aeroxeradores pertencentes ao parque eólico Ameixeiras-Testeiros.
Lugares e parroquias Lugares de Vilatuxe
Parroquias de Lalín
Categoría:Lugares de Lalín