260px|miniatura|Meandro do Yangtzé en Yunan: o río vira para o norte O é o río máis importante en lonxitude da China cun curso total de 6.300 km, que o converte no terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná-La Plata. Na súa conca, de case 1.800.000 km² de área, viven uns 350 millóns de habitantes,"Today, the Yangtze region is home to more than 400 million people, or nearly one-third of China's population. Some of China's largest cities" . Consultado o 19 de xaneiro de 2025. o que supón case un terzo da poboación total do país. É navegábel nunha lonxitude de 2.800 km desde Shanghai, na desembocadura, até Panzhihua, situándose no medio importantes cidades como Nanjing, Wuhan ou Chongqing, as tres antigas capitais chinesas.

Nomes O seu nome oficial en chinés é Chang Jiang, que quere dicir simplemente «río longo». Adoita denominarse tamén Yangzi Jiang (en pinyin Yángzǐ Jiāng), que corresponde coa antiga transcrición Wade-Gilles Yang-tze-kiang; este nome alternativo é usado na zona do seu curso final e foi a primeira coñecida polos europeos, e ten sido traducido erradamente como Río Azul. En cantonés a súa denominación é Cheung Kong. En tibetano é coñecido como Dri Chu ou "Río da femia de iak" (dri designa o iak femia).

Xeografía miniatura|esquerda|275px|Cultivo en socalcos na Garganta do Salto do Tigre (Yunnan) en 2005 miniatura|esquerda|275px|O Yangtzé en Wuhan Curso alto O Yangtzé nace a 5.405 m de altitude, no glaciar GangjiajubuO xeólogo alemán D. Ortlam probou, en agosto de 1989, que o Chang Jian nacía nese glaciar, sito na cara sur do pico Geladandong (6.621 m), que forma parte do cordal Tanggula Shan, na provincia de Qinghai. Aquí é denominado río Tuotuo, comezando xa a recoller os primeiros tributarios por baixo dos 5.000 m de altura.

miniatura|dereita|250px|Glaciar na cabeceira do Tuoto Moi encaixado, corre cara ao sur, delimitando a fronteira entre o Tíbet e a provincia chinesa de Sichuan, nun curso practicamente paralelo ao Mekong e ao Saluen. Aquí e denominado Jinsha (ou "río das areas douradas"). Nesta rexión atravesa as gargantas do Salto do Tigre, un canón de máis de 2.000 m de profundidade.

Curso medio Nas proximidades da cidade de Dongchuan, vira bruscamente para o norte, serpenteando polos montes Hengduanshuan en Yunnan. Logo vira de novo, esta vez para o leste, e recibe importantes afluentes como o Yalong, o Min e o Jialing, que o transforman nun xigantesco curso de auga lamacento, impetuoso e cargado de refugos e lixos, orixinados polos 120 millóns de habitantes e labregos da conca de Sichuan.

Atravesa a inmensa aglomeración de Chongqing, a cuxa altura se lle xunta o Jialing, unha das maiores cidades do interior da China, con máis de 5 millóns de habitantes, pero que é tamén un gran foco contaminador.

Xusto na altura desta metrópole, o Yangtzé atravesaba as Tres Gargantas, tres enormes canóns no curso medio, e onde se construíu o que constitúe un dos maiores encoros do planeta. As Tres Gargantas forman un espectáculo extraordinario que atrae numerosos turistas, posibilitando o desenvolvemento da industria turística, baseada na navegación entre Chongqing e Yichang. As gargantas ofrecen unha atmosfera misteriosa, en especial cando a brétema e o orballo forman pinguiñas que envolven os cantís e as penedías rochosas que enmarcan o río. Na época das choivas estivais, o nivel das augas pode subir máis de 100 metros, tornando a navegación moi perigosa.

Curso baixo Pasado ese tramo, o Chang Jiang continúa o seu curso cara á costa, mais agora anchéase e móvese con maior vagar, atravesando varios grandes lagos como os de Poyang e de Dongtin. Neste sector era onde se comezaban a ver os golfiños de auga doce (Lipotes vexillifer), practicamente xa dados por extintos. Porén, aínda se poden ver esturións, cullereiros e os crocodilos da China (Alligator sinensis).

En achegándose á costa do Mar da China oriental o río serpentea a través dos seus «nove meandros con forma de intestino» antes de desaugar nun enorme delta, ocupado por terras agrícolas, lagos e estanques, numerosos illotes e millares de hectáreas de canaveirais. Na desembocadura érguese a cidade portuaria de Shanghai, a maior metrópole chinesa. Ademais, está a conformarse a conurbación do Delta do Yangtzé.

Explotación hidroeléctrica Artigo principal: Encoro das Tres Gargantas

O encoro das Tres Gargantas, en Yichang (宜昌), Hubei, está sobre o Yangtzé. Levántase no límite da rexión montañosa do alto Yangtzé e a chaira do Yangtzé medio, onde agora está o encoro de Ghezouba, nun punto no que o río posúe un caudal de 14.300 m/s. A potencia prevista para o ano 2009 é de 22.500 MW. A central debería producir, a partir de entón, arredor de 85 TWh de electricidade por ano, é dicir 85.000 millóns de kw/h.

O Encoro das Tres Gargantas foi proposto polo político chinés Sun Yat-sen en 1919. O sitio foi inspeccionado en 1932 e 1939 polos chineses e xaponeses, respectivamente. Os xaponeses deseñaron un plan (o plan Otani) para o encoro, para despois decatarse de que seguiría baixo control chinés. Máis tarde, en 1944, os Estados Unidos axudaron a planificar o encoro, pero todo traballo cesou en 1947 debido á Guerra Civil Chinesa. En 1949 reanudáronse os traballos de planificación, aínda que moi lentamente debido aos problemas económicos do país.

En 1980 os traballos de planificación ían a bo ritmo, pero en 1992 moita xente votou en contra do encoro. Porén, o goberno aprobou o proxecto, e o 14 de decembro de 1994 comezaron as obras. O encoro xa estaba a plena capacidade a finais de 2008.

Outro importante encoro, o de Xiluodu, está en curso de construción a 770 km río arriba, entre os distritos de Yongshan, provincia de Yunan, e de Leibo, provincia de Sichuan. A misión desta presa é aliviar a presión que o Yantzé exercerá sobre o encoro das Tres Gargantas. A inauguración da central completa está prevista para 2015, cunha potencia de 12.600 MWA central hidroeléctrica de Xiluodu aliviará a presión sobre do encoro das Tres Gargantas, Le Quotidien du Peuple en ligne, 9 decembro 2007Construction of Xiluodu Hydropower Station Starts, China.org.cn, 27 décembre 2005 .

Hidrometría

Caudais medios do Yantgsé (en m³/s) medidos na estación hidrométrica de Datong(Datos calculados no período de 1923-86, 64 anos)

Afluentes O Yangtzé ten máis de 700 tributarios, mais os principais sonDebe lembrarse que o chinés jiang vale por "río"; é transcrito ás veces kiang mesmo no nome do río aquí descrito, Yangtzé-kiang, ao que se lle apón, tautoloxicamente, río.: miniatura|dereita|275px|Presa do encoro das Tres Gargantas. Pola dereita: Wujiang, con 1.018 km de percorrido. Lishui. Yuangjiang. Zijiang. Xiangjiang, ten 801 km de lonxitude. Gangjiang, cun percorrido de 760 km. Pola esquerda: Yalong ou Yalongjiang, de 1.187 km de curso. Ninjiang. Hanjiang, con 1.532 km de lonxitude. Huaihe.

O río Yangtsé e os seus afluentes  Ramal Nome do afluente Chinés Lonxitude (km) Conca (km²) Caudal (m³/s) Desembocadura Provincias que atravesa Cabeceiras - D Sistema Jinsha–Tongtian–Tuotuoa cabeceira principal do Yangtsé, formada polo Jinsha, que continúa augas arriba chamándose río Tongtian (813 km) e cuxa fonte máis afastada é o río Tuotuo (375 km). Yangtsé - - Jinsha (Chang Jiang) 长江 - 金沙江 Yangtsé - - - Río Guan (Guan He ou Yokoe) 横江 Río Jisha - - - Río Niulan (ou Kraal) 牛栏江 Río Jisha - - - Río Pudu 普渡河 Río Jisha - - - Río Yalong 雅砻江 Río Jisha Yunnan - - - Río Xianshui 鲜水河 Río Yalong Sichuan - - - Río Anning 安寧河 Río Yalong - - - Río Tongtian 通天河 Río Jisha - - - Río Qumar (o Qu Mar o Chumar) 玛尔 Río Tongtian - - - Río Tuotuo 沱沱河 Río Tongtian - - - Río Danqu 当 曲 Río Tongtian I - Río Min 岷江 Río Jisha Sichuan - - - Río Dadu 大渡河 Río Min - - - Río Qingyi Río Dadu Curso Superior - D Río Nanguang Yangtsé - D Río Changning Yangtsé - D Río Yongning Yangtsé I - Río Tuo 沱江 Yangtsé (en Luzhou) Sichuan - D Río Chishui Yangtsé - D Río Shangxi Yangtsé - D Río Qijiang Yangtsé I - Río Jialing 嘉陵江 Yangtsé Chongqing - - - Río Fu 涪江 Río Jialing - - - Río Qu 渠江 Río Jialing - - - Río Bailong 白龙江 Río Jialing Gansu Sichuan - - - Río Baishui 白水 Río Jialing - D Río Wu (xunto co Sancha e o Yachi) 乌江 Yangtsé Guizhou Chongqing I - Río Pengxi Yangtsé I - Río Tangxi Yangtsé I - Río Meixi Yangtsé I - Río Shennongxi Yangtsé I - Río Longmen Xia Yangtsé I - Río Shennongxi Río Yangtsé Hubei I - Río Huangbo (ou Huangbai) Yangtsé I - Río Qingjiang 沱江 Yangtsé Curso Medio - D Lago Dongting Yangtsé - - - Río Li (ou Lishui) 澧水 Lago Dongting Hunan - - - Río Yuan (inclúe ao Qingshui) (ou Yuanjiang) 沅江 Lago Dongting - - - Río You (ou Youshui) 酉水) Río Yuan - - - Río Wu 巫水 Río Yuan - - - Río Zi (Zijiang) 资江 Lago Dongting - - - Río Miluo 汨罗江 Lago Dongting - - - Río Xiang 湘江 Lago Dongting Guangxi Hunan - - - Río Xiao 瀟水 Río Xiang - - - Río Liuyang Río Xiang - - - Río Lian 涟水 Río Xiang - - - Río Mi 洣水 Río Xiang - - - Río Zheng 蒸水 Río Xiang - - - Río Lei 耒水 Río Xiang I - Río Dongjing Río Yangtsé I - Río Huangsi Río Yangtsé I - Río Han (Hànshǔi) 汉江 - 汉水 Río Yangtsé Shaanxi Hubei - - - Río Dan 丹江 Río Han Shaanxi - - - Río Tangbai 唐白河 Río Han I - Río Fushui 富水 Yangtsé Hubei Curso inferior - D Lago Poyang Yangtsé Jiangxi - - - Río Xiushui Lago Poyang - - - Río Gan (ou Ganjiang) 赣江 Lago Poyang Jiangxi - - - Río Heshui Río Gan - - - Río Zhang 章江 Río Gan - - - Río Gong 貢水 Río Gan - - - Río Meihe 梅河 Río Gong - - - Río Xiang 湘水 Río Gong - - - Río Xiu 修水 Lago Poyang Jiangxi - - - Río Fu (ou Fuhe) 抚河 Lago Poyang Jiangxi - - - Río Shun 信江 Lago Poyang Jiangxi - - - Río Xinjiang Lago Poyang - - - Río Raohe Lago Poyang - - - Río Changjiang Río Raohe - - - Río Le'an Río Raohe I - Río Huai He-lagos Shaobohu-Gaoyou-Hongze Yangtsé

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Placa do Yangtzé Huang He Bibliografía

Carles, William Richard, "The Yangtse Chiang", The Geographical Journal, Vol. 12, No. 3 (Sep. 1898), pp. 225–240; Published by: Blackwell Publishing on behalf of The Royal Geographical Society (with the Institute of British Geographers) Danielson, Eric N. 2004. Nanjing and the Lower Yangzi, From Past to Present, The New Yangzi River Trilogy, Vol. II. Singapore: Times Editions/Marshall Cavendish. . Danielson, Eric N. 2005. The Three Gorges and The Upper Yangzi, From Past to Present, The New Yangzi River Trilogy, Vol. III. Singapore: Times Editions/Marshall Cavendish. . Grover, David H. 1992 American Merchant Ships on the Yangtze, 1920–1941. Wesport, Conn.: Praeger Publishers. Van Slyke, Lyman P. 1988. Yangtze: nature, history, and the river. A Portable Stanford Book. Winchester, Simon. 1996. The River at the Center of the World: A Journey Up the Yangtze and Back in Chinese Time, Holt, Henry & Company, 1996, hardcover, ; trade paperback, Owl Publishing, 1997, ; trade paperback, St. Martins, 2004, 432 pages, Plant, Cornell. Glimpses of the Yangze Gorges; illustrations by Ivon A. Donnelly. Kelly & Walsh, Limited, Shanghai, Hong Kong, Singapore, 1926.

Yangtzé, Río Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía) Categoría:Ríos asiáticos do Pacífico