O Xi Jiang (literalmente «río do oeste»; en pinyin : Xī Jiāng, en pinyin 西江, transcrito en Wade-Gilles Si Kiang, e ás veces dito «Hsi Jiang») é un río do sur da China, que ten un curso de 2197 quilómetros O Xi Jiang é o terceiro dos ríos máis longos da China, tras o río Yangtzé e o río Amarelo.

Ao longo do seu curso recibe nomes diversos. Primeiro é o de Nanpan, despois o de Hongshui e Xun, para finalmente ser o Xi Jiang.

Curso O Xi nace no oeste da provincia de Yunan, en Llanwan Shan. As súas fontes áchanse ao nordeste de Kunming e algo ao norte de Qujing. Desde aí as súas augas atravesan as provincias de Yunan, Guizhou e máis Guanxi, formando o seu leito o límite entre esta última e a de Guangdong. Flúe primeiro en dirección sur, para encurvarse cara ao oeste desde Wuzhou. Logo xa no tramo final divídese en varios brazos, o máis importante dos cales atravesa Jiangmen, e deixando Macau a oeste, desauga no mar da China Meridional.

O río das Perlas Un dos brazos do seu treito baixo, únese co Dong Jiang ("río do leste") e co Bei Jiang ("río do norte"), converténdose entón no Zhu Jiang ou río das Perlas, que atravesa a cidade de Cantón, e forma un amplo estuario tamén sobre o mar da China Meridional.

Navegabilidade En numerosos tramos do seu curso o Xi Jiang é navegábel, mais desde a súa desembocadura barcos de calado mediano só poden remontar uns 150 km río arriba, porén, por medio dos seus afluentes, en especial a través o Li Jiang, pódese chegar até o transpaís con maior facilidade.

Afluentes Os máis importantes son: Yu Qian Gui Li Jiang

Cidades importantes no curso Wuzhou (provincia de Guangxi) Zhaoqing (provincia de Guangdong) Gaoyao (provincia de Guangdong) Jiangmen (provincia du Guangdong)

Homónimos Existe outro río Xi, un afluente menor do río Jiulong, no noroeste de Xiamen. Véxase tamén

China Categoría:Ríos asiáticos do Pacífico