Porcupine Tree é unha banda inglesa de rock progresivo formada na cidade de Hemel Hempstead no ano 1987 polo cantante e guitarrista Steven Wilson. Ao longo da súa carreira, o grupo publicou nove discos de estudio flutuando entre diversos xéneros, tales como o rock progresivo, o rock psicodélico, a música ambiental e, máis recentemente, o metal progresivo, xénero co que acadaron o maior éxito comercial grazas a álbums como In Absentia (2002), Deadwing (2005) ou Fear of a Blank Planet (2007). Fóra da súa participación con Porcupine Tree, Wilson traballou con multitude de grupos e artistas, tanto como produtor como músico de sesión, e encabezou outras dúas bandas: Blackfield (xunto co músico israelí Aviv Geffen) e No-Man (xunto co inglés Tim Bowness).
Membros
Steven Wilson - voz, guitarra Richard Barbieri - teclados, piano Colin Edwin - baixo Gavin Harrison - batería
Antigos
Chris Maitland - batería
Discografía
On the Sunday of Life... (1991) Up the Downstair (1993) The Sky Moves Sideways (1995) Signify (1997) Stupid Dream (1999) Lightbulb Sun (2000) In Absentia (2002) Deadwing (2005) Fear of a Blank Planet (2007) The Incident (2009) Closure / Continuation (2022)
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web oficial de Porcupine Tree MySpace oficial
Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais do condado de Hertfordshire Categoría:Grupos musicais formados en 1987