A vianesa é unha raza de vacún autóctona de Galicia, cuxo nome se debe á capital da súa comarca de orixe "O Bolo", Viana do Bolo, ao sueste da provincia de Ourense. É unha raza típica da provincia de Ourense. A vianesa segundo Sánchez Belda (1984) é unha raza derivada do tronco Cántabro.
Morfoloxía e datos produtivos Cun peso medio duns 550-600 quilos, aínda que os touros poden acadar os 850–920 kg, esta raza posúe unha pelaxe marrón escura (capa castaña) e uns característicos cornos longos en espiral. A pelaxe dos touros é máis escura e máis clara ou rubia nos xatos.
Presenta tons máis escuros nos cabos e extremos, aínda que tamén se distribúen con intensidade polas diversas rexións corporais dando lugar a unha presentación de particularidades (caras afumadas, listón, lombardo, alabardo, aldinegro etc.). Son características desta raza as abundantes formacións pilosas caídas sobre a fronte, que dan lugar ao "floco", e sobre o pavillón auricular, "pendentes". +MachosFemiasAltura á cruz (cm)138132Peso adulto (kg)850560Número de cornos2GMD (g/día) a 6 meses800 GMD: Ganancia media diaria.
Presentan cornos en forma de gancho curto con media lúa nos machos, e alongados nas femias, nos que nacen por diante da liña de prolongación da testa, diríxense lateralmente e logo cara a adiante e arriba, para continuar describindo unha ampla espiral e acabar coas puntas cara a atrás. Son de cor anacarada pola cepa e pala, coas puntas escurecidas.
Teñen unha cabeza de tamaño pequeno, coa cara alongada que se estreita cara o fociño, onde presenta mucosas escuras e orla abrancazada. O pescozo é proporcionado ao tamaño corporal, máis longo nas femias, e lixeiramente enmorillado nos machos con badal evidente. O tronco é amplo, coa liña dorsolumbar que tende á horizontalidade e a grupa a maior altura, que é lixeiramente derribada. Animais con escasa formación das nádegas. As extremidades son de lonxitude media, ben dirixidas e apromadas, articulacións robustas e pezuños duros e resistentes. O sistema mamario presenta o ubre ben inserido, con tetos simétricos, pel fina e con abundante protección pilosa.
As vacas presentan boas cualidades maternais, principalmente para a produción de leite, que se traduce nun alto ritmo de crecemento nos xatos o que garante unha mellor clasificación das canais.
A cualidade máis apreciada desta raza é a rusticidade e a súa perfecta adaptación ao medio montañoso no que se desenvolve.
Os xatos de Vianesa aportan uns rendementos da canal arredor do 49%, cunhas boas porcentaxes de cuarto traseiro e pezas extra e de primeira categoría comercial, de arredor do 32%. Proporcionándolle unha maduración adecuada obtense unha carne tenra e moi xugosa, cunha textura óptima. Aínda que esta carne non posúe moita graxa (arredor dun 2%) atópase ben distribuída, sendo o perfil de ácidos graxos adecuado e cardiosaudable. Todo isto dá lugar a unha carne diferente e dun sabor e palatibilidade excepcionais.
Orixe A orixe da raza é bastante antiga, posiblemente xurdiu a partir do cruzamento entre as razas rubias e vermellas autóctonas de Galicia e do gando vacún escuro introducido trala chegada dos árabes no século VIII. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 2 958 exemplares (2022), aínda que dende a década de 1990 benefíciase dun programa de preservación do seu patrimonio xenético e reprodúcese na súa forma pura para manter os seus efectivos.
Usos e sistemas de explotación De gran poder de tracción,, explotouse antigamente como animal de traballo, críase na actualidade pola súa carne.
Dende época antiga as vacas de raza vianesa empréganse de forma ecléctica para usos de tracción e produción de carne e leite. A vacas son boas nais e producen un leite moi rico e nutritivo para o crecemento dos becerros. Habitualmente pastoréase cun sistema semiextensivo-extensivo, con estabulación no inverno, e pastoreo ó aire libre durante o resto do ano, alimentándose tanto en pastos abertos como en zonas frondosas. A raza está ben adaptada ó rudo clima montañés da súa zona de distribución e resulta adecuada para a produción de carne como outras razas próximas, como a rubia galega.
Evolución da poboación AnoFemiasMachosTotalGanderías20091 5203451 8657520101 8054212 2267820112 0884792 5677720122 1084552 5637920132 1253612 4867820142 0693322 4017820152 3253802 7058420162 2984472 7458520172 2774112 6887820182 3564022 7587920192 3034222 7257120202 5464833 0296420212 6354623 0976620222 5284302 9585620232610507311759
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da raza vianesa en PDF na Conselleria do Medio Rural da Xunta de Galicia Ficha da raza vianesa na Sociedad Española para los Recursos Genéticos Animales (SERGA)
Categoría:Razas de vacas Categoría:Razas autóctonas de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes