miniatura|Mapa da evolución das distribucións de GNU/Linux ao longo do tempo. Unha distribución de GNU/Linux, chamada tamén distribución Linux por abreviar ou distro de xeito coloquial, é un sistema operativo que pon en funcionamento GNU/Linux dun xeito concreto. As distribucións están compostas por un kernel de Linux cunha colección de múltiples utilidades, como o software do proxecto GNU, e aplicacións.Linux Definition. The Linux Information Project. What Is a Linux Distribution por Edd Dumbill. 27 de novembro de 2006. O'Reilly Linux devcenter.
As distribucións diferéncianse polas aplicacións que inclúen, a práctica de empaquetado e a instalación e xestión de aplicacións. Tamén polas súas ferramentas para a instalación do sistema operativo e o seu mantemento. As distribucións desenvólvense ora ben para ser sistemas operativos xenéricos ora para cubrir necesidades dun grupo específico de usuarios. Son o modo habitual de instalar GNU/Linux.
Existen centos de distribucións.GNU/Linux Distribution Timeline 12.10 . GNU/Linux Distribution Timeline. 29 de novembro de 2012 Xa só entre as máis empregadas hai distribucións que están orientadas a seren sinxelas no seu uso acotío, como o son Linux Mint, Ubuntu e PCLinuxOS. Tamén hai outras, como Debian GNU/Linux, fedora e openSUSE, que son para usos máis avanzado de Linux. Algunhas outras, como Red Hat Enterprise Linux, SUSE ou CentOS, están orientadas ao uso en pequenas e grandes empresas.The Best Linux Distros for 2017 Jack Wallen. 6 de xaneiro de 2017. Linux.com Entre as demais distribucións hai outras que lle prestan atención a fins específicos, como é o caso da distribución galega Trisquel GNU/Linux que se enfoca en estar feita só con software libre.Preguntas frecuentes (FAQ) de Trisquel. Trisquel GNU/LinuxFree GNU/Linux distributions en GNU Project.
Historia As primeiras distribucións Linus Torvalds publicou a primeira versión do kernel de Linux, a 0.01, no servidor da Universidade de Helsinqui e con licenza GPL en 1991. No comezo de desenvolvemento de Linux, Linus e os primeiros compañeiros do proxecto ían publicando só o código fonte. As instalacións nos computados facíanse compilándoo. Axiña comezaron a distribuílo en varias imaxes de disquete que se descargaban. Unhas contiñan o kernel de Linux e outros aplicacións de GNU e outras máis para o sistema de ficheiros. Xa que este proceso de instalación inicial se ía facendo cada vez máis complexo, ao progresar e haber máis software desenvolto para Linux, comezáronse a desenvolver "distribucións" para simplificala. As distribucións consistían nun selector de paquetes de software dispoñible na imaxe, ferramentas de configuración e a documentación. A primeira distribución en se crear foi MCC Interim Linux e fíxoa Owen Le Blanc no Centro de Computación de Manchester en febreiro de 1992. Nela incluía X e TCP/IP. Outras das primeiras, tamén de 1992, foron a Boot-root de H.J. Lu, Softlanding Linux System (SLS) e a distribución comercial Yggdrasil Linux/GNU/X. Patrick Volkerding comezou a desenvolver a finais do 1992 a distribución Slackware e publicouna en xullo de 1993.. Foi unha das primeiras distribucións e unha das que aínda segue en desenvolvemento.
O arranque das comunidades e a comercialización A finais do 1992 fundouse en Alemaña a compañía "Software und System-Entwicklung" ou S.U.S.E Linux. SUSE Linux adicábase daquela a distribuír "Softlanding Linux System" (SLS) e "Slackware". No 1994, e baseándose en Slackware, publicaron a súa primeira distribución propia "S.u.S.E. 1.0", a primeira enfocada venda a empresas. En 1993 Bob Young e Marc Ewing fundaron a compañía Red Hat e absorberon a distribución Bogus. En 1994 Red Hat publicou o seu primeiro xestor de paquetes de sistemas e distribuíuno nun único CD, chamándolle "Red Hat Software Linux".. Apoiadas nesas primeiras distribucións de Red Hat, fundáronse as compañías Caldera, Mandrake e TurboLinux; nacidas de par para comercializar as distribucións. Ao igual que Red Hat, Slackware e SuSE, a outra distribución que naceu nos primeiros anos e que aínda se desenvolve é Debian. Ian Murdock fora tamén outro dos desenvolvedores que non quedara satisfeito con SLS e que decidiu crear a súa propia distribución en decembro de 1993, chamándolle "Debian". O desenvolvemento de Debian foi apoiado activamente polo proxecto GNU entre o 1994 e 1995. En 1994 un grupo de alumnos da compañía Novell, apoiados polo fundador da empresa, crearon Caldera, unha distribuidora comercial. Comezou a distribuír as súas primeiras distribucións, "Caldera Network Desktop", en 1995. Fixéronas incluíndo o kernel de Linux con aplicacións compiladas de licenzas privativas, o que lle foi dando terreo no sector de empresas especialmente en 1999. SUSE liberou "SUSE Linux 4.2" en 1996, a que considera a súa primeira distribución completa, converténdose na principal distribución do mercado europeo. Entre o 1997 e 1999 comezou a entrar no mercado americano e asiático. No ano 2000 publicou "SUSE Linux Enterprise Server", a primeira edición orientada ao mercado dos servidores.
A finais dos 1990 os usuarios fóronse interesado nas distribucións de Linux como alternativas aos sistemas operativos DOS e a Microsoft Windows para os computadores persoais de IBM, a Classic Mac OS de Apple Macintosh e ás versións privativas de UNIX. Os primeiros usuarios das distribucións Linux foron aqueles afeitos a usar UNIX en universidades e compañías. Atraíaos o seu baixo custo, se é que lles supoñía algún, e o software que incluía. Por iso, a finais da década de 1990 e comezos do 2000 aquelas primeiras compañías adicadas á distribución de Linux, como SUSE, Red Hat ou Caldera, aumentaron progresivamente no mercado empresarial.
Trala compra de Caldera por Canopy Group e o inicio de litixios con IBM e outras fundacións sobre da distribución de Linux, a compañía Caldera/SCO quebrou en 2002.SCO's history with open source.The Journal AUUGN Inc. Volume 24, Número 2 páx 42-43. Xuño de 2003.Caldera/SCO Linux: Obituary. Ris. 21 de maio de 2003. LWN.net A compañía Red Hat fixérase pública en 1999 e acababa de comezar a distribuír a distribución "Red Hat Enterprise Linux" no mercado nese ano 2002. Entre outras cuestións, a quebra de Caldera/SCO contribuíu á expansión de Red Hat no mercado como principal distribuidora de Linux en empresas. En 2003 Red Hat decidiu crear o proxecto "Fedora Linux", unha comunidade aberta para o desenvolvemento da súa distribución. Red Hat continuou liberando "Red Hat Linux Enterprise" (RHEL), como distribución sólida para empresas, e innovando a través da súa participación aberta na comunidade Fedora. Co inicio deste proxecto de desenvolvemento aberto, en maio de 2004 comezouse a publicar CentOS, unha distribución baseada en RHEL e orientada a empresas e co fin de ser estable.. Pasou o mesmo coas distribucións Oracle Linux, as do CERN e Scientific Linux. Un modelo similar a Red Hat foi o que aplicou SUSE Linux en 2004 trala adquisición da compañía por Novell, creando openSUSE como a súa comunidade aberta de desenvolvemento.
Namentres a comunidade de Slackware fora marcando fitos ao incluír instaladores guiados no 1994, as primeiras versións dos ambientes de escritorio KDE no 1999 e GNOME 2000.. Igualmente, a comunidade de Debian foi continuamente sumando desenvolvedores. Coa "Debian 2.0 Hamm" de 1998 chegou a contar con 400 persoas traballando na distribución e 1500 paquetes compilados. A súa distribución destacaba por ser unha distribución para servidores sinxela. Sendo un proxecto popular, ao comezo dos 2000 iniciáronse varios proxectos baseados en Debian co fin de crear as primeiras distribucións amigables no escritorio: Libranet, Storm, Finnix ou Corel Linux. Ademais, ao igual que se argumentou que Red Hat cambiara a Linux ao expandilo no sector empresarial, algúns dos creadores de Red Hat afirmaron que o desenvolvemento de Debian lles servira de modelo para iniciar o proxecto Fedora e continuar gañando mercado.
GNU/Linux para todos e a especialización A expansión do número de distribucións no inicio do 2000 reflíctese na aparición de distribucións enfocadas a diferentes usuarios ou usos. Knoppix, unha distribución baseada en Debian e de fácil uso, destacou por ser a primeira que se puido iniciar desde un CD, a primeira Live CD. CRUX destacou en 2002 por ir á contra das demais e ser a primeira distribución lixeira e dirixida ao uso por desenvolvedores.
Coa crecente popularización de Linux e a expansión entre desenvolvedores e empresarios, xurdiu a demanda dunha distribución de "Linux para todos". Mandrake Linux (posteriormente Mandriva Linux) naceu en 1998 baseada en Red Hat Linux con esa intención. Mandrake e Mandriva chegaron a ser das distribucións máis populares entre o 2002 e 2008. Destacaba por ser das primeiras en incluír KDE 1.0 ou por ter un bo soporte de hardware. Foi perdendo popularidade pero deixou tras de si distribucións agora populares: PCLinuxOS (iniciada no 2003), Mageia e OpenMandriva (iniciadas en 2010 como sucesoras de Mandriva). Entre 2004 e 2005 destacaban tamén Fedora, Debian, Slackware e Gentoo. O multimillonario Mark Shuttleworth, parte do proxecto Debian, creou "Canonical Ltd." e iniciou unha distribución baseada en Debian co mesmo obxecto de achegar Linux a todos. O primeiro lanzamento da nova distribución Ubuntu foi Ubuntu 4.10 en 2004. Cos seus ciclos produción curtos, deseño e sinxeleza de administración, Ubuntu foise popularizando desde a súa saída. Entre o 2007 e o 2009 Ubuntu destacou a canda openSUSE nos escritorios. Ubuntu comezou a restándolle terreo desde o 2009 a distribucións como Mandriva, e competindo con CentOS, Debian, Fedora, Mint, Slackware ou openSUSE.
Desde o 2010, os usuarios de Linux mostraron unha preferencia polas distribucións baseadas en Debian. Linux Mint foi gañando popularidade entre o público xeral, e Arch Linux entre os usuarios máis avanzados.
Actualidade: múltiples dispositivos e usos As distribucións Linux fixéronse máis rapidamente populares en servidores e supercomputadoras ca nos computadores persoais ou dispositivos móbiles. Así, en 2012 Red Hat tiña un valor no mercado da bolsa de 1.000 millóns de dólares. e as distribucións Linux no 2017 emprágaronse en máis do 50% dos servidores web.. Mentres tanto, a comezos do 2017 o uso de Linux nos escritorios situouse no 3,7%. Porén, a introdución ChromeOS para portátiles lixeiros e os dispositivos móbiles con Android fixo que Linux conseguise dominar como o sistema operativo máis usado.
Compoñentes e desenvolvemento miniatura|350px| As distros están construídas polo xeral con sistemas de empaquetamento, que xonguen o kernel de Linux con aplicacións de software libre, e algunhas veces con software privativo.
Case todas as distribucións fornecen un sistema de instalación e un xestor de paquetes de software. Algunhas fan o contrario e só inclúen o kernel, ferramentas para compilar e un instalador da distribución. O instalador destas distribucións encárgase de compilación para a arquitectura do sistema do usuario usando varias ferramentas e o código fonte. Un caso destes últimos é Gentoo.
Un aspecto que diferenza ás distribucións é a frecuencia coa que sacan novas versións. Hai distribucións que planifican o lanzamento de novas versións seguindo patróns de tempo regulares (coma Ubuntu ou Fedora), outras que sacan novas versións cando consideran que a versión en desenvolvemento é estable e aceptable para usar (coma Debian), e outras que non sacan versións,senón que van actualizando o software a medida que se publican novas versións de cada aplicacións (rolling release, coma Arch Linux ou a Tumbleweed de openSUSE).
Xestión de paquetes