Xuvia é un barrio de Narón no concello de Narón na provincia da Coruña. Está situado no leste do concello, e limita ao norte coa parroquia de Sedes, ao sur coa ría de Ferrol, ao leste coa ría de Ferrol e o concello de Neda, e ao oeste coa parroquia de San Xiao de Narón e o barrio de Piñeiros.

Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia eclesiástica que o conforma, sendo este o de Santa Rita. A parroquia naceu logo da segregación da súa matriz que era a de San Xiao de Narón. Ata o ano 2001 este barrio era a capital administrativa do concello, ano no que se fixo o traslado ao barrio do Alto do Castaño.

En 2010, a parroquia civil de Santa Rita de Xuvia desapareceu fusionándose con varias parroquias veciñas para dar lugar á zona urbana de Narón. Por tanto, os datos máis recentes de poboación que achega o Instituto Galego de Estatística son de 2009: 2279 habitantes (1099 homes e 1180 mulleres).

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Está situado xunto a Xuvia (Santa María de Neda, Neda). Servizos Estación de Xuvia, da liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Imaxes de Xuvia

Lugares e parroquias

Lugares de Xuvia

Barrios de Narón

Parroquias de Narón

Notas Categoría:Lugares de Narón

Categoría:Lugares divididos entre dous concellos Categoría:Parroquias eclesiásticas galegas que non coinciden coas civís